Velaquí están os vosos poemas que enviáchedes ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Realmente temos unhas e uns grandes poetas!
Amosando publicacións coa etiqueta semana letras galegas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta semana letras galegas b>. Amosar todas as publicacións
2 de xuño de 2020
17 de maio de 2020
DÍA DAS NOSAS LETRAS
Para celebrar o Día da Nosa Lingua, das Nosas Letras, que mellor que facer un SCAPEROOM?
A quen non lle apetece?
Para os peques:
Agora outro tipo de actividades, podes facelas todas ou escoller a que máis che gusten:
E para rematar, unha pequena entrevista a unha escritora galega de literatura infantil-xuvenil, Érica Esmorís, feita por un dos nosos alumnos Jorge Martínez Ferreiro:
LEMBRADE QUE HOXE É O DERRADEIRO DÍA PARA VOTAR O QUE IMOS TRABALLAR O PRÓXIMO ANO!
27 ESCRITORAS GALEGAS QUE DEBERÍAS COÑECER
Estes días que estamos a celebrar o Día das Letras Galegas 2020, non queremos deixar de homenaxear a todas esas mulleres que decidiron escribir en lingua galega. Recollimos neste documento a 27 delas, pero queremos deixar constancia de que nos quedan aínda moitas máis que merecen esta homenaxe:
Ademais, o alumnado do centro fixo diversos traballos sobre algunhas destas autoras:
16 de maio de 2020
SEGUIMOS
Como este ano non o podemos facer debido ás circunstancias que estamos a vivir, Elmer ten gardado no seu álbum este día. Así, podemos lembrarnos da nosa participación na celebración do Día das Letras Galegas con AZETA e outros centros dos arredores.
Xa sabedes que este ano 2020 está adicado a Ricardo Carvalho Calero. O alumnado do CPI dos Dices fixeron un telexornal moi especial e orixinal, fixádevos:
15 de maio de 2020
DÍAS DAS LETRAS GALEGAS- EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Ola familias!!
Moitas grazas polos traballos que estades a enviar!!
Como xa sabedes, o día 17, domingo, homenaxéase a Ricardo Carvalho Calero.
Mandámosvos tres enlaces; nun podedes ver a colección de caricaturas de Carvalho Calero debuxada por Siro; noutro podedes ler o conto "As pitas baixo a choiva" e escoitar pezas musicais dese conto; no último podedes acceder a unha serie de actividades sobre Carvalho Calero, no Seminario Galán, estas actividades están presentadas por curso, hainas para imprimir ou para facer en liña.
Estes son os enlaces:
- a colección de 24 caricaturas de Carvalho Calero debuxadas por Siro para representar o escritor ferrolán en distintas épocas da súa vida, dende a mocidade ata a vellez. Tédelas en:
- o proxecto "As pitas baixo a choiva" da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que inclúe o relato orixinal en formato conto cedido pola Editorial Embora, pezas musicais e mais a unidade didáctica. Tedes todo en:
- o libro lim do Seminario Galán, unha compilación de todas as actividades de educación infantil e primaria, carteis. Están en:
Esperamos que todos sigades ben, e desexámosvos un bo día das Letras Galegas!!!
XOGAMOS E PINTAMOS CON CARVALHO CALERO!
Este ano 2020 o Día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero. Este escritor foi elixido coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e 30 do seu pasamento. Aquí tedes un pequena biografía sobre el, feito por un cole de Ourense:
De todos modos e de forma excepcional, debedes saber que polo COVID-19 o Día das Letras Galegas celebrarase o día 31 de Outubro. Nembargantes, nós queremos facerlle no seu propio día unha pequena homenaxe.
Publish at Calameo
E agora imos xogar un pouco para coñecer un pouco sobre este escritor: Carvalho Calero.
14 de maio de 2020
PREPARÁMONOS
Dentro de pouco, temos o Día das Letras Galegas. O domingo é un día de celebración do galego a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co Centenario da primeira edición de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.
E para comezar, escoitamos un poema de Rosalía de Castro:
E aprendemos un pouco máis de Rosalía:
13 de maio de 2020
PRIMAVEIRA EN GALEGO
Elmer xa sabe que estamos en primaveira, no mes de Maio e que estamos acercándonos ao Día das Letras Galegas. Por iso, quérelle dar importancia a nosa lingua, o galego e presentaros uns cantos libros en contos en galego de autoras galegas.
Chibos, Chibóns de Olalla González:
Paco Papán de Patacrúa (Marisa Núñez):
E para os maiores, un proxecto levado a cabo por Ledicia Costas, María Lado, El Hematocrítico e Daniel Landesa. Caramomia, unha historia onde o público participará e decidirá cousas importantes sobre a trama. Clica na imaxe para mais información.
Hoxe o primeiro capítulo: https://www.instagram.com/p/CACeKa0Apz0/
21 de maio de 2019
20 de maio de 2019
7 de maio de 2019
1 de maio de 2019
17 de maio de 2018
16 de maio de 2018
15 de maio de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



