28 de nov. de 2019

Conta que che conto!

Os nenos e nenas de Infantil tiveron moita sorte!! Hoxe tivemos no cole unha sesión de contacontos!
Foi realmente estupendo!  Relatáronnos a historia do Gato con Botas! Para que vexades como foi de divertido, tedes aquí un pequeno vídeo:

25 de nov. de 2019

25 de Novembro

O día 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, Elmer e o EBE quérese sumar a este movemento. Pero antes saber que esta data foi escollida porque as irmás Mirabal, Patria, Minerva e María Teresa, coñecidas coma "As Bolboretas", foron asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola súa loita a favor da democracia.
   

23 de nov. de 2019

UN ROBOT, POR FAVOR

A rapazada de 6º de EP realizou un obradoiro de robótica na Fundación Barrié para intentar fomentar o seu interese pola tecnoloxía e programación. Alí aprenderon a programar uns pequenos robots para que fixeran determinadas cousas: andar cara unha dirección, poñer música, cambiar de iluminación...
Foi unha experiencia incríble! Seguro que desta sae algún enxeñeiro ou enxeñeira!


22 de nov. de 2019

DEREITOS DO NENO

O día 20 de Novembro asistimos  ao Pleno do Concello co gallo do Día Internacional do Neno. O noso alumnado defendeu o Dereito de Participación de todos os nenos e nenas e xóvenes. Velaquí o noso discurso coas nosas solicitudes, sen antes dar as grazas a Ángel, coordinador do EACE, pola súa axuda inestimable:


Leer más publicaciones en Calaméo

E aquí unha mostra do noso paso:



Vídeo: (clicar na foto)

 https://www.laopinioncoruna.es/multimedia/videos/a-coruna-metro/2019-11-21-189160-pleno-infantil-corua.html

21 de nov. de 2019

XOGANDO COOPERATIVAMENTE

No noso cole temos os chamados "Patios Amigos" onde o compañeirismo, solidaridade, empatía, cooperación están presentes. Aínda sí, os nenos de 1ºEP facemos xogos cooperativos. Aquí tedes un pequeno vídeo noso:

15 de nov. de 2019

OBRADOIRO IMPRESIÓN 3D

O alumnado de 5º acercouse á Fundación Barrié para aprender acerca do deseño e modelado de pezas en 3 dimensións. Para iso, viron como funcionaban as impresoras 3D e realizaron actividades de deseño e impresión dun cohete espacial. Aquí están as nosas fotos!


4 de nov. de 2019

NORMAS DE FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA

Este curso 2019-2020 actualizamos as nosas normas de funcionamento para poder mellorar os nosos servizos á comunidade escolar, priorizando a atención do noso alumnado. Estas son, á espera da súa aprobación no Consello Escolar.

REMATAMOS O SAMAÍN!

Despois de traballar o Samaín, recollemos algunhas fotos das distintas actividades levadas a cabo na biblioteca. 

3 de nov. de 2019

SAMAÍN NO ÚLTIMO CURSO

O alumnado de 6º de EP estivo a preparar distintas lendas galegas. Ademáis, parte destes alumnos e alumnas son axudantes na biblioteca e fixeron as lecturas dos distintos contos do Samaín. Aquí deixamos as presentacións das lendas con audio incluído (nalgunhas delas).






/>

5º EP ESTÁ DE SAMAÍN

O alumnado de 5º EP traballou para o Samaín dúas lendas galegas: O monstro da lagoa e Maruxa, o muíño e o trasgo. Fixeron moi bo traballo, incluso fíxose un audioconto cunha delas! Prestade moita atención!




2 de nov. de 2019

EN 4º EP, DE SAMAÍN!

Todos os rapaces e rapazas de 4º EP estiveron de Samaín, por iso leron e ilustraron a lenda de Os Alarbios. Esta é unha lenda especial posto que ten variantes. Aquí tedes as presentacións das dúas, pero unha delas ten audio!








DE MEDO ... CO SAMAÍN

Nestes días preto do Samaín, as rapazas e rapaces de 3º de EP ilustraron e leron o conto de A min no me comas de Margarita del Mazo. Fixeron un traballo xenial, deixándonos aquí a súa presentación.



SAMAÍN EN 2º EP

As clases de 2º de EP estiveron lendo e debuxando o  o conto  de Qué medo, Mamá Raquel! de Agustín Fernández Paz durante a semana do Magosto e Samaín. Traballaron arreo pero quedoulles moi ben, requebén! E por iso deixamos aquí a súa presentación:


CONTOS DO SAMAÍN

O alumnado de 1º EP preparou para o Samaín, dentro da Semana de Magosto e Samaín, o conto de "Raquel ten medo" de Agustín Fernández Paz. Aquí temos o seu traballo:

OUTRO CONTO DE SAMAÍN PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Durante a semana adicada ao Magosto e Samaín, o alumnado de 5 anos estivo a traballar o conto de Os esqueletos divertidos de Janet e Allan Ahlberg, facendo unhas ilustracións do libro para facer unha pequena presentación. Realmente temos uns grandes artistas!




CONTOS DE SAMAÍN EN 4 ANOS

As nenas e nenos de 4 anos estiveron a traballar polo Samaín o conto de Un pesadelo no meu armario de Mercer Mayer. Fixeron un traballo espectacular! Aquí está a mostra:




CONTOS DO SAMAÍN PARA OS MAIS CATIVOS E CATIVAS DO COLE

Para o alumnado de 3 anos, os máis pequeniños e pequeniñas do noso cole, preparamos entre todos unha pequena presentación para ver e escoitar coa axuda das voluntarias e voluntarios da biblioteca.
Para volver a vela, clicade na imaxe.