Amosando publicacións coa etiqueta eu quedo a ler na casa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta eu quedo a ler na casa. Amosar todas as publicacións

19 de xuño de 2020

O DRAGÓN COMEMEDO

Xa que estes días estivemos a falar de comidas, receitas veraniegas, alimentos... e estamos nun período de "nova normalidade", onde aínda hai moitas persoas que seguen a ter medo de posibles contaxios ante o virus, pensar que non hai que ter medo. Simplemente hai que respectar as normas de hixiene: lavado de mans, uso da mascarilla, manter a distancia de seguridade...   E sobre medos, sabe moito o noso protagonista de hoxe: Bernal. 
Escoitade este  audioconto ao que lle puxemos voz para facelo mais accesible ao noso alumnado (Conto de Baía Edicións, posto a disposición dos usuarios por parte da editorial durante o confinamento).

30 de maio de 2020

ANIMACIÓN Á LECTURA

Continuamos cun pouco de animación á lectura, a ver se Elmer vos dá algunha axuda para facer o reto! Hoxe, preséntavos un audioconto moi especial e tamén moi, moi divertido! Está contado por un profe do cole! A ver quen é?

29 de maio de 2020

SIMON´S CAT

Seguimos coñecendo novos libros de narrativa, contos, de banda deseñada... Hoxe Elmer tráevos a Simon's cat. Coñecédelo? É un gato moi pícaro, que sempre ten famen e é moi, moi divertido. Aquí tedes unha das súas historietas visitando a veterinaria...




27 de maio de 2020

PIPPI MEDIASLONGAS CUMPLIU 75 ANOS

Este fin de semana, Pippi Mediaslongas  (tamén coñecida no noso país por Pippi Calzaslargas) cumpliu 75 anos. Non me digades que non a coñecedes?

Pois Pippi é un personaxe da escritora Astrid Lindgren, convertiuse nun gran modelo de igualdade, de crítica á sociedade...É unha nena con poderes máxicos que vive soa nunha granxa cun cabalo, cun mono e un baúl cheo de moedas de ouro! 
Queredes vela?


Estes son os seus libros:

As aventuras de Pippi foron tan famosas que as levaron a pequena pantalla, queredes ver algún capítulo?



26 de maio de 2020

25 de maio de 2020

DERRADEIRA SEMANA DE MAIO

Estamos xa na derradeira semana de Maio e xa estamos un pouco cansos e cansas, xa comezamos a notar a fatiga... Por iso, hoxe, Elmer vaivos propoñer algo moi divertido para ir rematando este curso. Que vos parece disfrazarvos dalgún personaxe dalgún libro, conto, cómic...? Podedes coller os disfraces do Entroido, cousas que teñades por casa, customizar algún elemento... todo para parecervos algún personaxe literario. 
Algúns amigos e amigas de Elmer xa o fixeron. Mirade que graciosos!



A que pode ser divertido? Imaxinación e creatividade ao poder! Eso sí, enviarnos a vosa foto co libro ao que facedes referencia ao este correo:
bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com antes do 10 de xuño. Esperámolas!!

E agora un audiocuento sobre un libro moi chulo, quizáis vos de algunha idea. Escoitade con moita atención, a narradora é alguén moi famosa!
Yo voy conmigo de Raquel Díaz Regueira




24 de maio de 2020

DÍA EUROPEO DOS PARQUES

Este é o día que se adica aos espazos naturais protexidos de distintos países e a conservación da natureza. O seu lema para este ano é  "A Natureza, boa para túa saúde".

Un dos espazos que temos no noso país e que se adican a conservación da natureza é o Parque de Cabárceno. Este parque, todos os venres, realiza unha visita polos seus recintos  para que, desde a casa, coñezamos os seus animais, como se lles coida, curiosidades e unha morea de cousas mais! Deixamos aquí os enlaces dos vídeos que hai ata o momento (o deste venres día 22 non está):

Recinto dos gorilas

Mangostas e suricatas

Rinocerontes brancos

Elefantes africanos

Vexamos agora este audioconto de Intimpa, A árbore do Sol:


23 de maio de 2020

ÁRBORES

Hoxe Elmer preséntavos os nosos Maios que fixeron dúas alumnas do cole:




Como seguimos co tema da primaveira, hoxe falamos dos árbores e imos escoitar un conto moi chulo:

Un árbol de Ana María Martínez




E agora preséntamosvos a lenda africana sobre unha árbore moi apreciada pola súa madeira: o baobab.




E para finalizar por hoxe, Elmer propónvos esta curtametraxe sobre a natureza (hai algunhas palabras escritas en inglés, así podemos practicar este idioma).




22 de maio de 2020

DÍA EUROPEO DA REDE NATURA 2000

Onte, día 21 é o día escollido para dar a coñecer a todo o mundo a rede de espazos protexidos que hai nos países da Unión Europea, e como non, no noso. Ademáis, pretende tamén concienciar que é preciso protexer estes lugares para que todas e todos poidamos desfrutalos e valoralos.




Como vedes a imaxe da bolboreta é o logo, o símbolo da  Rede Natura 2000  e un dos seus lemas é que "O voo dunha bolboreta pode cambialo mundo". Por iso, imos a aprender un pouco sobre as bolboretas, mirade este vídeo de National Geographic:


Por último, imos ver "La pequeña oruga glotona" de Eric Carle:





21 de maio de 2020

CULTIVAMOS!

Non soamente ía ser admirar as paisaxes tan fermosas que temos, senón tamén poder producir algunha planta nós mesmos. Por iso, Elmer plántexavos uns cultivos moi doados de probar na casa! Aquí tedes o enlace:



E para que vexades o boas que son as hortalizas, verduras e froitas que podemos cultivar tedes aquí un conto moi especial:

Las pirañas no comen bananas de Aaron Babley:



20 de maio de 2020

DÍA DA RECICLAXE

Este domingo pasado foi o Día Mundial da Reciclaxe, aspecto importantísimo para ter un mundo máis limpo e respetuoso co medio ambiente. Tanto Elmer coma nós, sabemos que a  reciclaxe é fundamental para poder desfrutar dunhas paisaxes primaverais como as que temos. Por iso, o alumnado do noso cole recicla de distintas formas:  



E agora Juan e Tolola en Cuida tu planeta:



Por último, un conto moi especial: Rana de tres ojos de Olga de Dios.



17 de maio de 2020

DÍA DAS NOSAS LETRAS

Para celebrar o Día da Nosa Lingua, das Nosas Letras, que mellor que facer un SCAPEROOM?
A quen non lle apetece?

Para os peques:


Para os maiores:


Agora outro tipo de actividades, podes facelas todas ou escoller a que máis che gusten:



E para rematar, unha pequena entrevista a unha escritora galega de literatura infantil-xuvenil, Érica Esmorís,  feita por un dos nosos alumnos Jorge Martínez Ferreiro:




LEMBRADE QUE HOXE É O DERRADEIRO DÍA PARA VOTAR O QUE IMOS TRABALLAR O PRÓXIMO ANO!

15 de maio de 2020

XOGAMOS E PINTAMOS CON CARVALHO CALERO!

Este ano 2020 o Día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero. Este escritor  foi elixido coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e 30 do seu pasamento. Aquí tedes un pequena biografía sobre el, feito por un cole de Ourense: 


De todos modos e de forma excepcional, debedes saber que polo COVID-19  o Día das Letras Galegas celebrarase o día 31 de Outubro. Nembargantes, nós queremos facerlle no seu propio día unha pequena homenaxe. 

Elmer atopou uns cantos debuxos imprimibles para celebrar o Día de Carvalho Calero. Clicade para descargar:



Publish at Calameo


E agora imos xogar un pouco para coñecer un pouco sobre este escritor: Carvalho Calero.








/>

14 de maio de 2020

PREPARÁMONOS

Dentro de pouco, temos o Día das Letras Galegas. O domingo é un día de celebración do galego  a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co Centenario da primeira edición de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. 

E para comezar, escoitamos un poema de Rosalía de Castro:

E aprendemos un pouco máis de Rosalía:



13 de maio de 2020

E AQUÍ ESTÁN OS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS!

Despois de tantos días, aquí están. Se lembrades, ahí atrás pedímosvos que nos enviárades  un apadriñamento lector. Aquí tedes aqueles e aquelas que nos mandaron un pequeno vídeo: As nosas madriñas e padriños lectores!


PRIMAVEIRA EN GALEGO

Elmer xa sabe que estamos en primaveira, no mes de Maio e que estamos acercándonos ao Día das Letras Galegas. Por iso, quérelle dar importancia a nosa lingua, o galego e presentaros uns cantos libros en contos en galego de autoras galegas.

Chibos, Chibóns de Olalla González:


Paco Papán de Patacrúa (Marisa Núñez):

E para os maiores, un proxecto levado a cabo por Ledicia Costas, María Lado, El Hematocrítico e Daniel Landesa. Caramomia, unha historia onde o público participará e decidirá cousas importantes sobre a trama. Clica na imaxe para mais información. 

caramomia

Hoxe o primeiro capítulo:  https://www.instagram.com/p/CACeKa0Apz0/

12 de maio de 2020

SEGUIMOS CON FLORES E PLANTAS

A Elmer encántalle as flores e as plantas, por iso recoméndavos este libro, para facer un pequeno xardín:


E agora un conto sobre animais e que vos gusta un montón polo divertido que é:

El topo que quería saber quién se había hecho aquello encima de su cabeza de Werner Holzwarth. 



11 de maio de 2020

ESTAMOS DE PRIMAVEIRA

Estamos de primaveira e o noso alumnado tamén o sabe. Por iso, realizaron uns poemas en inglés sobre esta estación e o seus cambios, sobre as flores, os animais... Mirade que marabilla!



E ademais para seguir en inglés (aínda que o temos subtitulado en español para aquelas palabras que non entendemos) un conto precioso sobre o que pasou, o que está a pasar e o que pode pasar. Pensade ben nas súa ensinanza!

10 de maio de 2020

NO MES DO MAIO, MES DAS FLORES

Estando no mes de Maio, Elmer non podía esquecerse dos MAIOS, festa moi importante en Galicia e en outros lugares do Europa! Por iso, o Equipo de Biblioteca preparou este vídeo para que vexades como son:



Ademáis, Elmer quere que disfrutedes con el destes vídeos:



Se hai dificultades para cargar os vídeos podedes pinchar aquí directamente:



Como vedes, a elaboración dun Maio pode ser de moitas formas e materiais. Apetécevos facer un Maio cos materiais que teñades na casa e sacarlle unha foto? É o momento de sacar todo o voso inxenio e creatividade! Mans á obra! 
Enviade a vosa foto á :
bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com


E para rematar estes días de tanta Ciencia, dous libros para ler e sabe un pouco máis da man de Weeblebooks:

Cocina con ciencia 



Inventamos nosotros: