26 de feb. de 2021

Traballando a Rosalía desde a Primaria e Infantil

Estes son algúns dos marcapáxinas que fixeron o alumnado de Educación Primaria no noso centro.


 E agora a dos nenos e nenas de Educación Infantil


Aprendemos sobre a vida mariña

Grazas a mamá de Victoria de 5ºA de E.I., dentro da conmemoración da Muller e a nena na ciencia,  temos un vídeo que nos explica un montón de cousas sobre animais mariños, neste caso, os corais. Xa veredes que ben o explican Victoria e a súa nai!


25 de feb. de 2021

Unha de experimentos

Tamén os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil estiveron a experimentar coas cores e como se tinguían os panos de papel. E coma un arco da vella!

23 de feb. de 2021

22 de feb. de 2021

Relatos curtos

O alumnado do noso cole realizou unha serie de relatos curtos relacionados coa temática do mar en lingua castelá, para dar renda solta á súa creatividade e imaxinación!

Día de Rosalía

Como dixemos o outro día, é moi importante que coidemos o galego, pois é a nosa lingua materna. Hoxe é o día de Rosalía de Castro, unha das mulleres galegas que deixaron pegada na nosa historia, na nosa lingua, na nosa cultura e en todos nós. Estades listas e listos!
 
E para saber un anaco máis de Rosalía, esta presentación:
 

 
Unha das actividades que che propoñemos é un scape-room:

Outro xogo moi divertido:

 
E agora un dos poemas mais coñecidos de Rosalía cantado por Carol Sospedra e por Astarot: Airiños, airiños aire. Con cal te quedas?













21 de feb. de 2021

Día da lingua materna

Ola! ¡Hola! Kaixo! Hello! Olá! Sawubona, Привет, Aloha

e así poderíamos seguir saudando nas máis de 6.000 linguas maternas coas que actualmente nos comunicamos no mundo. E como celebración desta diversidade cultural, dende o 2002 a UNESCO celebra cada 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna. 


As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais de xeito sostible. Pero ollo, unha lingua é algo que hai que coidar! Sabías que o 43% das 6.000 linguas actuais están en perigo de extinción? De feito, cada dúas semanas unha lingua desaparece e, con ela, todo un patrimonio cultural e intelectual!


Por iso, é moi importante que nós coidemos a nosa lingua materna, o galego. E quen mellor que para representala que Rosalía de Castro? Rosalía é unha das mulleres galegas que deixaron pegada na nosa historia, na nosa lingua, na nosa cultura e en todos nós. O día 24 é o seu día así que estade preparadas e preparados!

18 de feb. de 2021

Comezamos pescudando...

O alumnado de 6ºC de EP comezou pescudando como coidar o medio ambiente e, por tanto, o mar. Fixeron algúns traballos científicos, queres velos?


11 de feb. de 2021

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Neste día tan especial, comezamos unha nova sección relacionada con esta efeméride. Dende o inicio do curso, propoñéronse levar a cabo diversos experimentos, investigacións, traballos...  para poñernos na pel dun científico e dunha científica.. Todos os xoves, publicaranse os distintos vídeos destas probas, pescudas e tarefas. Anímaste?


Ademais, o Equipo de Biblioteca e Elmer propuxeron unha serie de actividades moi interesantes. A ver que sae! Tamén o noso profe Hugo visitou as clases de 5º e 6º de Educación Primaria para contarnos a historia de Hedy Lamarr, unha muller moi especial que foi invisible durante moito tempo porque non se lle recoñecían os seus logros! 

E para que iso non ocorra, imos a presentarvos a algunhas mulleres que non foron recoñecidas na súa xusta medida e que deben ocupar o lugar que lles corresponde! 


E por se queres ler un pouco sobre  mulleres que deixaron a súa pegada e que cambiaron o mundo, aquí tedes algúns dos libros que temos na nosa biblioteca e que te están esperando!




10 de feb. de 2021

Booktubers

 

                             

Comezamos unha nova aventura no blog de Elmer, nesta sección podedes enviarnos os vosos vídeos recomendando o libro que queirades. Non poñades límites as vosas creacións; poden participar as mascotas da casa, facer unha pequena representación teatral, debuxos o que vos queirades, simplemente abrir a vosa imaxinación e animaros a ler. 

Os vídeos os podedes enviar a bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com ou traelo nun pen drive.


Con froita... con Maruxa e Arcimboldo

E coma continuamos coa arte e Maruxa Mallo, os nenos e nenas de 6º de E.I. intentaron ver outra faceta desta pintora! e como son tan artistas tamén se atreveron con Arcimboldo! Elmer está abraiado!

8 de feb. de 2021

Salvemos o mar!

Como no noso cole estamos tan concienciados de que é preciso salvar o mar, decidimos realizar unha serie de carteis para concienciar tamén a nosa comunidade escolar e a nosa contorna. Tedes onde escoller!

E agora un video para que vexades o importante que é o coidado do mar e da súa flora e fauna:

4

5 de feb. de 2021

Animais do mar

Elmer está moi contento, pois o alumnado do cole fixo unha pequena colección de fichas técnicas de animais que viven no mar ou que están relacionados co mar. Estas fichas técnicas teñen un montón de curiosidades e de información moi útil para coñecer aos amigos de Elmer. Bótalles un ollo!

4 de feb. de 2021

O Bookflix do primeiro trimestre

Chegaron as recomendacións lectoras, para a rapazada entre 9 e 12 anos, coas súas sipnoses para que poidas escoller o libro co que queres desfrutar! 
Pincha no enlace para ler e ver!


2 de feb. de 2021

Os humedais

Este ano para o Día Mundial dos Humedais é  “Os humedais e a agua”. É moi posible que fora escollido para chamar atención sobre o papel esencial que xogan estes ecosistemas para a nosa supervivencia frente a crecente crise do auga.  


Por se non o sabes...
Os humedais son extensións de terra, que teñen a particularidade de estar inundadas de forma permanente. Nesta categoría están os pantanos, turberas, marismas, arrecifes de coral, manglares, lagos, ríos, etc.

Vexamos os arrecifes de coral, tan importantes na vida submarina:


E agora unha selección de lecturas que están a vosa disposición na biblioteca sobre esta temática:



1 de feb. de 2021

Novidades en Febreiro!

Temos novos libros na biblioteca de todos os tipos: banda deseñada, contos, novelas, poesía, para investigar... 

Cales escolles?