28 de nov. de 2022

25 DE NOVEMBRO


25 de Novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Para conmemorar este día, presentámosvos as seguintes recomendacións

A princesa Sabela.

 Que aburrido é ser unha princesa! Sabela está farta de que llo dean todo feio, de ter que sorrir decote e vestir roupas bonitas e súper limpas. Ela quere poder subir ás árbores, meter o dedo no nariz, vestirse e peitearse soa…Unha mañá, cansa de ser unha princesa, decide guindar a súa coroa ao estanque dos peixes. O rei, como castigo, ordena que Sabela traballe na cociña de palacio e no cortello dos porcos. Que divertido! Nunca fora tan feliz!  (Xerais)

 

Éranse dúas veces a bela e a besta

Éranse dúas veces unha moza chamada Bela. Unha Bela que, desta vez, non se namorará da besta, precisamente porque descubrirá que a auténtica beleza está no interior. (Cuatro tuercas)

 

O país dos mandóns

No país dos mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. O cambio desas normas tan inxustas para crear un novo país deigualdade. (Embora)

 

O segredo de Flora

Flora ten un segredo fantástico, e é que aprendeu nas palabras máxicas que a axudan a non sentir enfados nin ganas de pegar. O segredo de Flora consiste en atopar un modo de combater a violencia, explicando así a nenos e nenas que é intolerable en todas as súas manifestacións. (Embora)

 

Teño dúas casas

Mamá e papá xa non viven xuntos, así que agora teño dúas casas. As miñas casas son moi chulas, e pintamos todas as paredes de cores. Se queres saber máis sobre como son anímate a ler este conto.  (Embora)

 

A continuación, móstrase unha serie de material audiovisual seleccionado polo Departamento de Orientación para todo o profesorado e o alumnado do centro. Graciñas pola vosa colaboración.

 

Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.

- NI UN BESITO A LA FUERZA (CUENTO) https://youtu.be/CdC9kTszHCs

- CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO (CUENTO) https://youtu.be/uOzu7dGukWo

- SUPERLOLA (CUENTO) https://youtu.be/LVAfqiVM9qw

 - REPARTO EQUITATIVO DE TAREAS (ANIMACIÓN) https://youtu.be/W3x7IIxx1-s

 

3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

- TE QUIERO (CASI SIEMPRE) (CUENTO) https://youtu.be/TaObwAsK1Hs

- EL AZUL, EL ROSA Y LOS OTROS COLORES (CORTO) https://youtu.be/CNIW1XzQ8Ms

- SARA Y LAS GOLEADORAS (CORTO DE ANIMACIÓN) https://youtu.be/PyqG5p0cHUY

- DRAGONBOY (CORTO DE ANIMACIÓN SOBRE ESTEREOTIPOS) https://youtu.be/lIRMXJOtfMY

 

Por último, aquí vos deixamos unha unidade didácticae un material vinculados con esta temática por se vos animades a realizar algunha das actividades que recolle. 

- Unidade didáctioca  https://stecyl.net/25-de-noviembre-2021-propuestas-didacticas-dia-internacional-contra-la-violencia-hacia-las-mujeres/

- Material extraído do blogue “A mestra Cris” (@amestracris) https://drive.google.com/file/d/1J--llfjrsHlQ-uxZ7niMz5jiPGV7uFGA/view


 







23 de nov. de 2022

MAGOSTO


 

CELEBRANDO O MAGOSTO !


O pasado venres, día 18 de novembro celebramos o Magosto no noso centro. Os diferentes cursos de Educación Infantil e Primaria ao longo da mañá realizaron diversos xogos populares onde as castañas eran o elemento principal dos mesmos. 

Cara o final do día, reunímonos todos os alumnos e alumnas no patio do centro e degustamos castañas todos xuntos. 

Para rematar este día festivo, cantamos unha canción do magosto, que a verdade nos saíu xenial.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes de como o alumnado en colaboración coas súas familias, crearon diversas manualidades sobre o outono para decorar os corredores da nosa escola. 

Ademais, aproveitamos esta entrada no bloque para informarvos de que a finais de mes, subiremos algúns contos sobre a temática do Magosto que están a crear os nosos pequenos e pequenas.







  

2 de nov. de 2022

SAMAÍN

 FESTA DO SAMAÍN



O venres, coma en case todos os colexios de Galicia, no CEIP San Francisco Xabier celebramos a festa do Samaín.  🎃👹


Na entrada da escola colocamos un estante con diversos contos sobre esta celebración, o medo, as bruxas e os pantasmas para que o noso alumnado poidese aproveitar estos exemplares e visualizalos nas súas aulas como recomendacións lectoras. 


A maiores, os nenos e as nenas da escola encargaronse de encher os corredores de cabazas misteriosas e terroríficas elaboradas tanto por eles mesmos como polas súas familias. 


Están feitos uns artistas !!