Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

30 de out. de 2020

Unha fin de semana terrorífica!

Esta fin de semana celebramos o Samaín, festa de orixe celta. Os celtas eran uns pobos moi afoutos e guerreiros que facían unha gran festa para dar a benvida ao Novo Ano Celta e conmemorar o final da colleita e do verán.

Os celtas pensaban que, na noite do Samaín, as portas do Alén se abrían e que as almas dos mortos volvían para visitar as súas familias.  Por iso, tiñan o costume de facer farois para guiar aos espíritos bos e espantar aos malos, pois estas luces protexían aos vivos.

Así que, xa sabedes rapaces e rapazas, hai que facer un farol para poñer nesa noite! Para iso, Elmer póñevos este vídeo para facer un calacú o cabaza:


Agora que xa temos a protección necesaria para eses malos espíritos... que tal se nos poñemos cuns cantos contiños de medo?

Para os mais pequenos:

Corre, corre cabaciña!

The Skeleton Dance.


E para os non tan cativos:

Fiz, o coleccionista de medos.

A lenda do espantallo.


E agora unha pouquiña de música para mover eses esqueletos!

Paco Nogueiras: No Samaín

Jesús Pareja: O Samaín

Mamá Cabra: Samaín

Uxía Lambona e a Banda Molona: O Samaín


Michael Jackson: Thriller (só para maiores)


Se nos sobra tempo, podemos intentar facer algunha manualidade. Que vos parece as que buscou Elmer?





E, despois de tanto traballar, unha receita moi apetecible no Samaín!




DESFRUTADE DESTE SAMAÍN!










3 de nov. de 2019

SAMAÍN NO ÚLTIMO CURSO

O alumnado de 6º de EP estivo a preparar distintas lendas galegas. Ademáis, parte destes alumnos e alumnas son axudantes na biblioteca e fixeron as lecturas dos distintos contos do Samaín. Aquí deixamos as presentacións das lendas con audio incluído (nalgunhas delas).






/>

5º EP ESTÁ DE SAMAÍN

O alumnado de 5º EP traballou para o Samaín dúas lendas galegas: O monstro da lagoa e Maruxa, o muíño e o trasgo. Fixeron moi bo traballo, incluso fíxose un audioconto cunha delas! Prestade moita atención!




2 de nov. de 2019

EN 4º EP, DE SAMAÍN!

Todos os rapaces e rapazas de 4º EP estiveron de Samaín, por iso leron e ilustraron a lenda de Os Alarbios. Esta é unha lenda especial posto que ten variantes. Aquí tedes as presentacións das dúas, pero unha delas ten audio!








DE MEDO ... CO SAMAÍN

Nestes días preto do Samaín, as rapazas e rapaces de 3º de EP ilustraron e leron o conto de A min no me comas de Margarita del Mazo. Fixeron un traballo xenial, deixándonos aquí a súa presentación.



SAMAÍN EN 2º EP

As clases de 2º de EP estiveron lendo e debuxando o  o conto  de Qué medo, Mamá Raquel! de Agustín Fernández Paz durante a semana do Magosto e Samaín. Traballaron arreo pero quedoulles moi ben, requebén! E por iso deixamos aquí a súa presentación:


CONTOS DO SAMAÍN

O alumnado de 1º EP preparou para o Samaín, dentro da Semana de Magosto e Samaín, o conto de "Raquel ten medo" de Agustín Fernández Paz. Aquí temos o seu traballo:

OUTRO CONTO DE SAMAÍN PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Durante a semana adicada ao Magosto e Samaín, o alumnado de 5 anos estivo a traballar o conto de Os esqueletos divertidos de Janet e Allan Ahlberg, facendo unhas ilustracións do libro para facer unha pequena presentación. Realmente temos uns grandes artistas!




CONTOS DE SAMAÍN EN 4 ANOS

As nenas e nenos de 4 anos estiveron a traballar polo Samaín o conto de Un pesadelo no meu armario de Mercer Mayer. Fixeron un traballo espectacular! Aquí está a mostra:




CONTOS DO SAMAÍN PARA OS MAIS CATIVOS E CATIVAS DO COLE

Para o alumnado de 3 anos, os máis pequeniños e pequeniñas do noso cole, preparamos entre todos unha pequena presentación para ver e escoitar coa axuda das voluntarias e voluntarios da biblioteca.
Para volver a vela, clicade na imaxe.