26 de out. de 2022

PRESENTACIÓN DO PDI

 

A ARTE CHEGA O NOSO CENTRO


Por aquí vos deixamos unha serie de exemplares sobre a arte.

Actualmente, Elmer, a mascota da nosa biblioteca, está a ler estos contos para convertirse nun artista por completo.

Nos vindeiros días, haberá máis libros sobre esta temática no centro para que o noso alumnado poida desfrutar deles. 






24 de out. de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


 24 de Outubro, Día das bibliotecas escolares. 


Estamos de celebración ! Sabedes por que? O motivo é ben sinxelo, hoxe é o Día das bibliotecas escolares, polo que dende a nosa biblioteca de centro animámosvos a todos a comezar a visitarnos, xa que dende agora mesmo temos as nosas portas abertas. 


Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia "ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR", quere poñer o foco en todas as formas de escrita, que coida e ofrece a biblioteca escolar.

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR A TOD@S !!






18 de out. de 2022



BENVIDAS E BENVIDOS AO

CURSO 2022/2023


Boas a toda a comunidade educativa do noso centro !!! 


Elmer, a mascota da nosa biblioteca, espera que tod@s comezarades este novo curso con moitas ganas de aprender cousas novas e diferentes.  


Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vaiades imaxinando sobre que imos a traballar este ano na nosa escola, un saúdo !!