20 de nov. de 2021

20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

 

Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959. Esta declaración non era suficiente para protexer os dereitos da infancia, e , tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que o asinaron, converténdose no tratado internacional máis ratificado da historia.

Os Dereitos do Neno son unha ferramenta para a promoción e protección do benestar da infancia. Algúns dos dereitos máis importantes son:

  1. Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.

  2. Dereito a unha protección especial para que poidan crecer física, mental e socialmente sans e libres.

  3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.

  4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas.

  5. Dereito a educación e atencións especiais para os nenos con discapacidade mental ou física.

  6. Dereito a comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.

  7. Dereito a unha educación gratuíta. Dereito a divertirse e xogar.

  8. Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo.

  9. Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.

  10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.

Dedicar un día internacional á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor.

Se queres saber máis sobre a historia da declaración dos dereitos da infancia podes ver este vídeo. 🡪 https://www.youtube.com/watch?v=rApULMPWQIU 

Tamén podes poñer música a este gran día con estas cancións:

Pon a proba o que sabes sobre os dereitos da infancia con estas actividades online:


https://es.liveworksheets.com/ic1023595og

https://es.liveworksheets.com/ov1455164rq

https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Ciencias_Sociales/Derechos_de_los_ni%C3%B1os/Derechos_de_los_ni%C3%B1os_ub1408246hg

https://es.liveworksheets.com/hc1329235qo


E tamén te podes divertir con estas actividades:

  • Comecocos dos dereitos da infancia (sacado de actiludis.com)

https://www.actiludis.com/2014/11/10/comecocos-con-los-derechos-del-nino/

https://drive.google.com/file/d/1XYLKL88_E8PkM299P4IzRPoEjmkNj-dk/view


  • Debuxos para colorear os nosos dereitos (procedentes do blog dibujalalia.com)

https://blog.dibujalia.com/2020/fichas-dia-infancia-derechos/


  • Actividades varias para imprimir (extraído da páxina orientaciónandujar.es).


https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/11/LOS-DERECHOS-DEL-NINO.pdf


E se o que queres son recomendacións de libros sobre este tema non perdas ollo ás recomendacións que nos fai a biblioteca do Ceip Valle-Inclán do Grove no seu taboleiro de pinterest

https://www.pinterest.es/valleincln/dereitos-20n-10d/


FELIZ DÍA DA INFANCIA!!

18 de nov. de 2021

Cartas ao Apalpador

Rapazada! Xa veñen dentro de pouquiño as cartas para pedir ao noso Apalpador os libros máis queridos polo noso alumnado! 🐘❤️📚
Xa queda menos para os agasallos de Nadal 🎁🎀🎄🎇
Que libros recomendaríades vós ao Apalpador? 

4 de nov. de 2021

Mochilas Viaxeiras 2021/2022

Boas nenas/os! Xa están case case listas as Mochilas Viaxeiras para este curso 2021/2022!
Qué cousas levarán esta vez?? Deixanos nos comentarios qué vos gustaría que tuviesen! ⬇️⬇️⬇️🧐🧐🧐
Seguro que estarán cheas de cousas chulísimas!
Vémonos nas clases rapazada! 🐘❤️📚