Amosando publicacións coa etiqueta divulgación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta divulgación. Amosar todas as publicacións

14 de maio de 2021

O mar segundo Urbano Lugrís

Neste tercer trimestre, estamos a traballar Urbano Lugrís, coma pintor galego que tiña moi presente nas súas obras o mar.  Para saber un pouco mais deste autor, clica na imaxe:

E agora mirade a obra de Urbano Lugrís polo alumnado de 6º de EI:

13 de maio de 2021

Piratas!

O alumnado de 6º B  pescudou e fixo un pequeno traballo dos piratas que surcaron os mares. Queres aprender sobre piratas reais?

6 de maio de 2021

Traballo de investigación: A augamar

Dous alumnos de 4ºA, Raúl Suárez e Néstor Pérez, estiveron a investigar sobre a augamar. Este é o seu resultado, que gran traballo!

15 de abr. de 2021

Experimentando na clase

Aproveitando o tema de Ciencias que estivemos a dar, fixemos uns cantos experimentos probando a viscosidade dos fluídos, a imantación, as distintas mesturas e a filtración. Foi todo un éxito!

8 de abr. de 2021

Coidado coa radiación!

Fixádevos que experimento tan divertido e fascinante preparounos esta alumna de 4º de EP!


Aprendemos sobre a vida mariña II

Aproveitando as explicacións da nai de Victoria, tal e como vimos no video, investigamos, experimentamos, limos... un montón de cousas sobre a vida mariña. Mirade!



25 de mar. de 2021

Explosión de refresco!

Lucas enviounos este experimento tan explosivo. Tede coidado se o repetides! Fixádevos nos pasos e o que ocorre cando misturamos distintos elementos! 

  










18 de mar. de 2021

O noso corpo

Como non imos investigar sobre o noso propio corpo? Os humanos somos os seres vivos máis complexos, como non imos pescudar sobre nós mesmos?

11 de mar. de 2021

Unha de ovos!

Unha alumna de 4º de EP preparou un experimento que se pode facilmente facer na casa! Estade moi atentos e atentas!

4 de mar. de 2021

O espazo... ese gran descoñecido!

Aproveitando o tema do Universo, o alumnado de 5º investigou na clase como era que no espazo non podía haber lume... un experimento moi sinxelo pero moi clarificador. Así, dous alumnos aproveitaron o tema para realizar unha maqueta sobre os movementos de rotación e traslación do noso planeta. Mirade!


25 de feb. de 2021

Unha de experimentos

Tamén os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil estiveron a experimentar coas cores e como se tinguían os panos de papel. E coma un arco da vella!

18 de feb. de 2021

Comezamos pescudando...

O alumnado de 6ºC de EP comezou pescudando como coidar o medio ambiente e, por tanto, o mar. Fixeron algúns traballos científicos, queres velos?


8 de feb. de 2021

Salvemos o mar!

Como no noso cole estamos tan concienciados de que é preciso salvar o mar, decidimos realizar unha serie de carteis para concienciar tamén a nosa comunidade escolar e a nosa contorna. Tedes onde escoller!

E agora un video para que vexades o importante que é o coidado do mar e da súa flora e fauna:

4

17 de xuño de 2020

DÍA CONTRA A DESERTIFICACIÓN E A SECA

O 17 de Xuño celebramos á importancia da auga, tendo en conta o proceso de desertificación e seca que se está a producir no planeta. A desertificación está producida polas actividades humanas e o cambio climático, convertíndose nun Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº 15.  



Os nenos e as nenas sodes o futuro e, polo tanto, os que tedes o poder de cambiar estes efectos. E para que os vaiades poñendo ao día, escoitade este conto musicado sobre a auga:



E agora imos recomendarte unhas cantas lecturas sobre o cambio climático, a desertificación, a seca...


 



15 de xuño de 2020

DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS

Este domingo celebrouse o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas para compartir e promover a difusión da lingua de signos española (LSE) e a lingua de signos catalana e a normalización do seu uso.


Trátase dunha iniciativa que supón un paso máis na súa promoción, protección e normalización. Elmer e todo o cole quere contribuír a este esforzo, por iso invítate a aprender o alfabeto e así poder dicir teu nome en LSE!





13 de xuño de 2020

ADEUS

Esta semana soubemos a triste noticia de que Pau Donés deixounos. Por iso, queremos desde aquí facer unha pequena homenaxe poñendo algunhas das cancións con  mais sentimentos positivos e cargadas de optimismo. 

Bonito:

Eso que tú me das:

12 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL

Este día está adicado a aqueles nenos e nenas que realizan algún tipo de traballo perigoso ou que son explotados. Vivindo no século XXI, aínda  hai un gran número de rapaces e rapazas que viven este tipo de situacións. Por iso, Elmer e o EBE non queren esquecerse deles e desexamos facer un chamamento a todas as autoridades e organismos que poden evitalo.

Para saber un pouquiño mais sobre eles, atende:



E despois de reflexionar sobre isto, un conto para ler en compaña dalguén:

8 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Este día celébrase o Día Mundial dos Océanos, por iso Elmer quérevos concienciar de que é preciso coidar dos nosos mares e océanos. 
Agora que xa estamos en Xuño e comezamos a ir a praia, temos que prestar especial atención e coidado ao auga e a biodiversidade mariña.  
Ademais, xa sabedes que estamos obrigados en moitas ocasións a usar luvas e mascarillas, por iso debemos botalas ao caixote do lixo normal, non ao do plástico.

Vexamos que estar a ocorrer hoxe en día:


Sé coidadosa/o, respetuosa/o e responsable:

E fíxate, entre outros, quen dependen de nós para seguir vivindo:

Agora, o conto do Pez Arcoiris de Marcus Pfister con subtítulos en inglés para ir aprendendo outras linguas!







7 de xuño de 2020

PENSEMOS...

E como seguimos cos alimentos, cos comezos do verán, os cambios da natureza... Elmer proponvos ver este vídeo dunha campaña de publicidade alemá para reflexionar sobre un montón de cousas: 
-A que as cousas mais simples poden levarnos a cambios moi grandes.
-A "obriga" de seguir as modas, o que todo mundo fai...
-A necesidade de levar unha alimentación saudable
-O que poden provocar en nós os cambios na alimentación
-A necesidade de liberdade   
...

E para rematar un conto moi divertido sobre un animal que nos da moitos alimentos e un alimento moi nutritivo:

A vaca que puxo un ovo de Andy Cutbill 




4 de xuño de 2020

SABOR, SABOR...

Estamos degustando novos sabores propios desta época do ano... e un deles é o coco. Incluso as cremas solares ulen a coco! Por iso, e para ter moita enerxía propóñemovos a elaboración dunhas barriñas enerxéticas que darannos a forza e ánimos suficientes para poñernos ao 100%! 
Clica na imaxe e terás a receta e moitas máis! Non esquezas que para a maioría delas, precisas da axuda dun adulto!


E para que vexas como dan forza, velocidade e intelixencia, deixámosvos un vídeo de Tom e Jerry, que  estiveron de 80º aniversario! Que ben se alimentan e se coidan! Están sempre xóvenes!