30 de out. de 2020

Unha fin de semana terrorífica!

Esta fin de semana celebramos o Samaín, festa de orixe celta. Os celtas eran uns pobos moi afoutos e guerreiros que facían unha gran festa para dar a benvida ao Novo Ano Celta e conmemorar o final da colleita e do verán.

Os celtas pensaban que, na noite do Samaín, as portas do Alén se abrían e que as almas dos mortos volvían para visitar as súas familias.  Por iso, tiñan o costume de facer farois para guiar aos espíritos bos e espantar aos malos, pois estas luces protexían aos vivos.

Así que, xa sabedes rapaces e rapazas, hai que facer un farol para poñer nesa noite! Para iso, Elmer póñevos este vídeo para facer un calacú o cabaza:


Agora que xa temos a protección necesaria para eses malos espíritos... que tal se nos poñemos cuns cantos contiños de medo?

Para os mais pequenos:

Corre, corre cabaciña!

The Skeleton Dance.


E para os non tan cativos:

Fiz, o coleccionista de medos.

A lenda do espantallo.


E agora unha pouquiña de música para mover eses esqueletos!

Paco Nogueiras: No Samaín

Jesús Pareja: O Samaín

Mamá Cabra: Samaín

Uxía Lambona e a Banda Molona: O Samaín


Michael Jackson: Thriller (só para maiores)


Se nos sobra tempo, podemos intentar facer algunha manualidade. Que vos parece as que buscou Elmer?





E, despois de tanto traballar, unha receita moi apetecible no Samaín!




DESFRUTADE DESTE SAMAÍN!










27 de out. de 2020

Celebramos o Día das Bibliotecas!

Elmer está de celebración durante esta semana. O sábado foi o Día Internacional das Bibliotecas e Elmer quere compartir con vós esa conmemoración. Por iso, os propoñe ver un vídeo onde se explica o porque dese día. 




E, despois de ver isto , estade atentos e atentas as novidades que vos vai ir presentando  o noso amigo!

23 de out. de 2020

Día Mundial da protección da Natureza e o Día Internacional contra o cambio climático

O 18 foi a data na que se celebra a protección da natureza e o  24, contra o cambio  climático. 

As dúas datas teñen como obxectivos os seguintes:

  • Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos.
  • Conservar e utilizar de forma sostible os océanos, os mares e os recursos mariños para o desenvolvemento sostible.
  • Xestionar sostiblemente os bosques, loitar contra a desertificación, deter e invertir a degradación das terras e deter a perda de biodiversidade.
E agora unhas imaxes:


E agora uns videos sobre a natureza e o cambio climático para entendelos un pouquiño máis:





16 de out. de 2020

Día Mundial de la Alimentación

Hoxe é un día importante debido ás circunstancias que estamos a vivir. A causa do COVID-19, hai familias que non teñen medios para subsistir e, polo tanto, que non poden alimentarse axeitadamente. Elmer quérevos lembrar a importancia dunha boa alimentación, san e equilibrada. Ademais de ter en conta que FAME CERO é un dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) como o da vida submarina, polo que hai que prestarlle atención.



E agora, uns vídeos para pensar un anaco:




E agora unha infografía que pode server para traballar na aula cos vosos profes!








12 de out. de 2020

Día do Descubrimento de América

Hoxe, 12 de Outubro, celébrase o  Día en que Cristóbal Colón descubriu América. Por iso, imos investigar un pouquiño acerca desta figura histórica:


11 de out. de 2020

As nenas, de celebración

Este domingo celébrase o Día Internacional das Nenas, por iso Elmer quere realizar este pequeno homenaxe a tódalas nenas do mundo que queren cambiar o mundo!


Así, Elmer tenvos preparadas unhas cantas sorpresiñas.
Uns vídeos para pensar e reflexionar.




E un contiño:









5 de out. de 2020

Primeiro luns de Outubro

O primeiro luns de outubro é o  Día Mundial del Hábitat, que ten un obxectivo  moi destacado: garantizar que o desenvolvemento das ciudades se fixera de forma sostible e que garantizara a todos os cidadáns e cidadanas a ter unha vivenda digna.

Aproximadamente o 25% da poboación urbana do planeta vive en asentamentos informais e segundo a ONU, "un número crecente de habitantes da cidade, especialmente os grupos pobres e vulnerables viven en condicións precarias, sen acceso a servizos básicos (...) ". Se a xente non ten unha vivenda digna, é moi difícil acceder a algúns dos outros dereitos incluídos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos como a educación, o acceso á auga, o saneamento e a saúde.

A vivenda é, por tanto, un dereito humano fundamental. Tamén foi e é fundamental na nosa batalla contra a propagación do virus COVID-19, pois sen unha vivenda axeitada, é imposible levar a cabo o distanciamento social e as boas prácticas de hixiene.


Elmer preséntavos este conto "Cuando perdemos el miedo" que narra a experiencia de Lúa, unha nena de 7 anos sobre o desahucio.  






4 de out. de 2020

Elmer celebra o Día Internacional dos Animais!

 Elmer está hoxe de celebración pois é o Día Internacional dos Animais!

Elmer quere lembrarvos a importancia da conservación das especies animais no noso planeta. Así como, que teñades en conta que os animais, igual que as persoas teñen uns dereitos recoñecidos.

Por iso é importante visibilizar a situación de moitos deles posto que están, ás veces, en posicións moi desfavorecidas. As nenas e nenos, como adultas e adultos no futuro, tedes moito traballo por facer: acabar coa explotación animal, a caza furtiva, co tráfico ilegal...  



Desta forma, Elmer quérevos propoñer unha actividade: que fagades uns carteis, tamaño DIN-A4, onde pidades axuda ou colaboración para mellorar as condicións dos animas mariños. Podedes facelo sobre o que queirades, empregando os materiais que consideredes precisos... Así que MANS Á OBRA! Data límite de entrega: 25 de Outubro.


2 de out. de 2020

Elmer é un INSTAGRAMER!

 Ola piratas!
Temos unha nova moi importante que dicirvos: ELMER xa ten Instagram! Por iso, se queredes seguilo por este rede social e estar ao tanto das novidades, podes acceder a través do enlace:


                              https://www.instagram.com/elmernacubela/

Non á violencia!

Elmer quere desfrutar do Día Internacional da Non Violencia, polo nacemento de Mahatma Gandhi, e do Día Internacional do Sorriso. Por iso,  non hai nada coma intercambiar un sorriso por unha palabra agresiva, un sorriso por un mal xesto, un sorriso por un golpe...

Así que Elmer proponvos  ver este vídeo e arrancarvos un gran sorriso:



E agora, un gran conto sobre un tipo concreto de violencia:






1 de out. de 2020

Outra vez sopa!

Famosa frase de Mafalda para homenaxear Quino, autor e pai desta rapaza arxentina. 


Mafalda, personaxe literario, pretende ser unha especie de voz da conciencia dos cidadáns e cidadanas, especialmente crítica co mundo que lle rodea. Mafalda namorou a millóns de lectores, de feito os libros desta rapariga están publicados en varios idiomas, en Braille e tamén en versión dixital. Aquí tedes unhas cantas tiras para que lexades:




Se queres saber mais sobre Mafalda e Quino, clica no seguinte enlace:

https://www.quino.com.ar/