7 de dec. de 2022

Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

 


DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


O pasado venres, as nenas e os nenos de 1º de Educación Primaria desfrutaron dunha sesión de contacontos da man do libro "Tengo Síndrome de Down", para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Nesta actividade puideron ver en primeira persoa como se conta un conto en lingua de signos ! 


Realmente, foi unha experencia única para todos eles !


A maiores, deixámosvos unha recopilación de contos sobre esta temática que incluímos no noso apartado de novidades, espero que vos gusten.