30 de xan. de 2021

Día da Ilustración

Hoxe, Día da Ilustración por ser o día en que naceu o, ademáis de ensaísta e político, o debuxante Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A nosa biblioteca súmase, dun xeito modesto, á iniciativa promovida pola Consellería de Cultura de Galicia xunto a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) para destacar a figura da importante ilustradora Lolita Díaz Baliño, intentando, a súa vez, remarcar o valor das mulleres ilustradoras galegas.





QUEN FOI LOLITA DÍAZ BALIÑO?    QUERES SER COMA ELA?

Lolita Díaz Baliño (1905-1963) foi unha coruñesa clave na nosa arte no primeiro tercio do século XX. Naceu  nunha familia ligada ao mundo da arte, o que lle permitiría dar os primeiros pasos. O seu irmán Camilo tamén destacou . Desde moi moza destacou na fotografía, para alén de na pintura.
En 1926 intégrase na Exposición de arte galega de Santiago de Compostela. O seu estilo nestes tempos aproxímase ao art déco sobrio e elegante, acorde coa moda do momento. Adoita representar mulleres modernas, decididas e elegantes con  figuras estilizadas. Tamén deseñou capas de libros ou carteis de festas, mais estes traballos son difíciles de atopar. 

A súa obra pictórica tampouco é de acceso doado. Os debuxos e cadros máis temperáns estiveron moi relacionados co seu irmán. Díaz Baliño destaca como debuxante e acuarelista, técnica na que se identifica cun detallismo colorista, representando mundos irreais como As fadas do caracol.

En 1938, convértese na primeira muller, xunto a María Corredoira, en formar parte da Real Academia de Belas Artes.  Tamén foi das primeiras profesoras da escola de Artes e Oficios. A docenciaf oi a súa actividade principal, sendo alumnas dela pintoras como María Antonia Dans ou María Elena Gago.

Con todo, a súa pegada é para a AGPI a dunha "artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época".



Ningún comentario:

Publicar un comentario