Os cativos e cativas de 6º de E.I. estiveron traballando o conto de " A Bruxa" de Xela Arias. Mirade qué ilustracións!
26 de maio de 2021
25 de maio de 2021
Recollemos as caixas do mar!
24 de maio de 2021
Todo un éxito a Dime que me queres
Foi todo un éxito entre o noso alumnado e tamén do profesorado! Continuamos coa caixa ata final de curso!
19 de maio de 2021
18 de maio de 2021
Que pasa no museo?
Hoxe é o Día Internacional dos Museos. Este ano o seu lema é "O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar" invitando a todas as persoas e entidades a crear, imaxinar e compartir prácticas de creación de valor.
Tendo en conta o noso proxecto deste curso, propoñémovos facer unha visita virtual ao Museo do Mar:
https://museos.xunta.gal/es/visitas-3d-museos
E tamén visitar a páxina do Museo Nacional de Arqueología Subacuática.
http://www.culturaydeporte.gob.es/mnarqua/home.html
17 de maio de 2021
Mistura
Un día como hoxe, celébranse varias conmemoracións. Unha delas é o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información coa finalidade de sensibilizar á comunidade acerca do uso de Internet e das TIC, para reducir a brecha dixital.
Tamén, conmemórase o Día Internacional contra discriminación por motivos de identidade de xénero ou de orientación sexual. Desde a escola, debemos promover os valores de respeto, non discriminación e tolerancia cara todas as persoas.

14 de maio de 2021
O mar segundo Urbano Lugrís
O Xornal de Elmer
Co gallo da Semana da Prensa e do Mes do Libros, a rapazada do noso cole púxose na pel dos reporteiros e periodistas mais atrevidos, buscando as noticias máis espectaculares. E aquí tedes o seu traballo:
O xornal de Elmer!!! A desfrutalo!!
LETRAS GALEGAS
13 de maio de 2021
Matemáticas, matemáticas y más matemáticas
Esta semana estamos a celebrar no noso cole a Semana Matemática! Dentro duns días, publicaremos algunhas producións matemáticas do noso alumnado pero antes diso, atréveste a uns desafíos matemáticos?
Piratas!
O alumnado de 6º B pescudou e fixo un pequeno traballo dos piratas que surcaron os mares. Queres aprender sobre piratas reais?
12 de maio de 2021
7 de maio de 2021
Peixes Serra e outros
O alumnado de 5ºA foron "escultores e escultoras", por un día, ao Jorge Peteiro. Fixeron distintos tipos de esculturas con plastilina, endurecidas con verniz. Fixeron un montón de animais e seres fantásticos baseándose na peza "Peixe Serra" deste artista galego que está na entrada do Aquarium da Coruña. Quedaron fantásticas!
6 de maio de 2021
Traballo de investigación: A augamar
5 de maio de 2021
3 de maio de 2021
Videoforum no Mes do Libro
2 de maio de 2021
Todos contra el acoso escolar!
Hoxe 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o “Bullying” ou Acoso Escolar.
Esta data foi establecida por asociacións de pais e diversas organizacións non gubernamentais para concienciar sobre os riscos do acoso escolar e os métodos para evitar a violencia nos centros escolares, e para establecer un protocolo de actuación ante casos deste tipo. A causa represéntase cun lazo de cor púrpura.
O “bullying” constitúeno calquera forma de maltrato verbal ou físico producido de forma repetida e ao longo dun tempo prolongado.
Acabar co “bullying” é unha tarea que nos compete a todos.
A continuación, deixámosvos un corto que, seguro, vos fará reflexionar sobre este tema.