25 de abr. de 2022

Semana do libro

O Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor celébrase cada 23 de abril co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual.
A elección do 23 de abril débese a suposta coincidencia do falecemento de grandes figuras da literatura como son  Miguel de Cervantes, Williams Shakespeare e Garcilaso de la Vega. 
Foi en 1988 cando a UNESCO promoveu por primeira vez a celebración deste simbólico día para a literatura mundial. Este ano a cidade de Guadalajara (México) foi nomeada Capital Mundial do Libro.


https://youtu.be/rjFtUO6lcdA  breve video sobre día del libro
https://youtu.be/mS5WCv4gDG8?t=89 video explicativo sobre día del libro, está hecho en el 2020 y hace referencia al confinamiento pero creo que el vídeo está bien e igual se puede poner desde este minuto

https://youtu.be/AKPa9QpNR9c  video cuento Don Quijote de la Mancha
https://youtu.be/e5l8-4wDUzM  corto de animación
https://youtu.be/_Bp1AZthZeo  corto de animación: Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore


https://youtu.be/bw_QhKTNG64 canción: Un libro mi tesoro
https://youtu.be/BCsUYlmmN90 canción Rock &Leo

8 de abr. de 2022

PUBLICACIÓN: A VOZ DE ELMER

 Como todos os anos, Elmer publica coa axuda dos seus reporteiros e reoprteiras, un xornal con noticias sobre o cole e a nosa contorna.

Temos de todo, nacional, local, chistes, pasatempos, noticias do cole... un traballo fantástico! 

Esperamos que o desfrutedes rapaces!

A VOZ DE ELMER

7 de abr. de 2022

7 DE ABRIL: DÍA DA SAÚDE.

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

No ano 1948, a Asamblea Mundial da Saúde proclamou o 7 de Abril como “Día Mundial da Saúde”. 

Esta data foi escollida en conmemoración á fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS) e coa necesidade de crear conciencia sobre as enfermidades mortales mundiais e crear hábitos saudables nas persoas.

A celebración deste día lévase a cabo desde o 7 de Abril de 1950 e anualmente se escolle un tema que estea baseado nas necesidades e suxerencias que realizan os Estados membros.

O tema deste ano 2022 é:

“NOSO PLANETA, NOSA SAÚDE”

querendo dirixir a atención mundial á interconexión entre o planeta e a nosa saúde.

5 de abr. de 2022

Visita Carlos López (Chinto)

Hoxe tivemos a visita do gran Carlos López, xornalista e escritor. O 50% do coñecidísimo dueto Pinto & Chinto! 
Pasou un rato coa nosa rapazada de 4° E.P. lendo algúns dos seus contos e sobre todo botando unhas cantas risotadas! Moitisimas gracias Carlos!
E recordade... "Os animáis non teñen cartos!" 🐘❤️📚