21 de maio de 2025

DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS - 12 DE MAIO

 

Con motivo do día esolar das matemáticas, ao longo de toda a semana (12-16 de Maio), fixéronse diferentes obradoiros con actividades matemáticas nos diferentes niveis.


                 

                  


                  
                          
                               






20 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS

Co gallo da celebración das Letras Galegas, adicado este ano ás Cantareiras, tivemos no noso cole unha pequena actuación por parte dunhas nenas de 3º, para todos os niveis.

Tamén colocamos unha pequena exposición con libros sobre esta temática e se fixeron diversos murais para homenaxear ás cantareiras e pandereteiras.








9 de maio de 2025

DÍA DE EUROPA

Hoxe, 9 de Maio, conmemoramos o Día de Europa. Celébrase nesta data porque o 9 de Maio de 1950, Robert Shuman, ministro de asuntos exteriores de Francia, propuxo a creación dunha Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro (CECA), que sería o primeiro paso cara unha integración europea.

O Día de Europa, é unha oportunidade para reflexionar sobre a importancia da cooperación europea e a unidade na diversidade. É un recordatorio dos logros e desafíos que afronta a Unión Europea na busca dunha Europa máis próspera, pacífica e unida.




5 de maio de 2025

TÍA PAPUCHA

 Hoxe visitaron o noso centro a escritora Reyes Pérez Rubio, autora do libro "Tía Papucha", que está a ler o alumnado de 2º, e a ilustradora do conto, Sonia Ramallo.

Moitas grazas pola vosa visita!!