30 de out. de 2025

SAMAÍN

Seguindo o noso PDI sobre "O cine", co gallo do Samaín, decoramos o centro cunha proposta diferente, inspirada no mundo do cine e a maxia do Samaín!.

O alumnado deixou voar a súa imaxinación e decorou cabazas, vasoiras e sombreiros dándolles un toque cinematográfico.

Moitas gracias pola vosa colaboración e creatividade!





24 de out. de 2025

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

 O día 24 de Outubro conmemoramos o Día da Biblioteca Escolar, co obxectivo de concienciar á poboación sobre a importancia das bibliotecas escolares, promover o seu uso e destacar o seu papel na formación de cidadáns críticos e informados. De feito, o lema xeral de este ano a nivel nacional para celebrar o Día das bibliotecas é "Contra a desinformación: bibliotecas".

Desde Bibliotecas Escolares de Galicia, tamén fan fincapé no lema "Biblioteca escolar + deseño = viaxe á creatividade" abrindo a porta á creatividade nas bibliotecas escolares, desta volta a través do deseño.

Aproveitamos esta data para poñer en marcha o programa "Mochilas viaxeiras", repartindo a cada grupo cadansúa mochila.

Feliz Día das Bibliotecas a todos/as!!!





15 de out. de 2025

PROXECTO ANUAL DE LECTURA

 Xa tedes dispoñible no taboleiro de entrada á biblioteca, o mural co noso Plan Anual de Lectura.

Nel poderedes atopar as lecturas obrigatorias e recomendadas, tanto para Educación Infantil como para Educación Primaria, así como unha exposición con estos libros.

Anímadevos a vir e botarlle un ollo!!



13 de out. de 2025

SEMANA DAS FAMILIAS

 Co gallo da conmemoración do Día da Biblioteca Escolar (24 de Outubro), desde a biblioteca do noso centro e no marco das actividades relacionadas coa “Hora de ler”, propoñemos a celebración da “Semana das Familias”, co obxectivo de levar a cabo unha actividade relacionada coa animación á lectura e fomentar a participación activa das familias nas actividades do centro.

ACTIVIDADE: Ler ou relatar ao grupo onde se atope escolarizado seu fillo/a un conto ou texto breve.

TEMPORALIZACIÓN: do 20/10/2025 ao 30/10/2025 (segundo se acorde nas titorías)

Serán organizadas polo profesorado de cada nivel a través da Plataforma ABALAR.


DÍA DAS ESCRITORAS 2025

 Hoxe, 13 de Outubro, conmemórase o Día das Escritoras, co obxectivo de reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Este ano celébrase a X edición, baixo o lema "1975: Escribide, compañeiras!".

Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas e animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade.