25 de nov. de 2025

25 N

 Como cada 25 de Novembro, hoxe conmemoramos o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, co obxectivo de darlle visibilidade, denunciar a violencia e reclamar políticas que loiten pola súa erradicación.

Na nosa biblio, con motivo desta data, poñemos en marcha as "Mochilas da Igualdade", que poderán ser solicitadas semanalmente ata final de curso, e nas que podemos atopar fondos relacionados coa igualdade de oportunidades, igualdade de xénero, etc. Haberá unha mochila destinada a Infantil e 1º ciclo de Primaria e outra para 2º e 3º ciclos de Primaria.

Tamén fixemos un mural, baixo o lema "Con-metas da igualdade", no que colocamos as nosas "cometas" xunto cos lazos violetas.




20 de nov. de 2025

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

 Hoxe, 20 de Novembro, conmemoramos o Día Mundial da Infancia.

Nun mundo cada vez máis perigoso para a Infancia, onde millóns de nenos e nenas teñen que afrontar conflitos, pobreza, violencia ou os riscos do mundo dixital, neste día faise un chamamento para non permanecer impasible e acenderse polos dereitos da infancia e apagar a inxustiza.

Pinchando no enlace, poderedes atopar recursos para conmemorar este día.



18 de nov. de 2025

EINSTEIN

 Con motivo do "Mes da Ciencia en Galego", que este ano festexa o "Ano Internacional das Ciencias e Tecnoloxías Cuánticas", xa temos montada no 2º andar do noso cole, unha pequena exposición temática con biografías e libros sobre Albert Einstein, o científico máis famoso do século XX, que revolucionou a ciencia para sempre coas súas teorías.

Anímate a visitala!!








12 de nov. de 2025

"LA GALLINA GALLINETA"

 O luns 10 de Novembro, o alumnado de 1º ciclo de Educación Primaria, puido asistir na biblioteca do noso cole, ao contacontos sobre o libro "La gallina gallineta".

Este contacontos ten como obxectivo ensinar aos máis pequenos a importancia de coidar o seu material escolar e deportivo a través dun conto deportivo e didáctico.

Adelaida Pittaluga, con cancións orixinais e sinxelas coreografías e a ilustradora Ana Miranda cun obradoiro de debuxo conseguiron que o noso alumnado reforzase estes valores dun xeito moi entretido.



4 de nov. de 2025

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Chega Novembro, e coa súa chegada celebramos o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

O manifesto, este ano a cargo de enxeñeira Concepción Paz Penín, abrirá moitas rutas de traballo e investigación, coas que poder sementar e degustar a ciencia nas nosas bibliotecas escolares.

Pinchando na seguinte imaxe, poderás afondar un pouquiño máis sobre este tema!