Ola piratas!
Onte celebramos o Día Marítimo Mundial do 2020, onde o lema elixido para este ano é "Un transporte marítimo sostible para un planeta sostible".
Por iso, Elmer quere que reflexionedes sobre o que está ocorrendo sobre a contaminación que producen os buques e sobre os traballos que se fixeron para previr e conter a contaminación.
Estade atentas e atentos, pois unha vez que pensedes sobre isto, Elmer propoñerávos unha actividade!






