Dous alumnos de 4ºA, Raúl Suárez e Néstor Pérez, estiveron a investigar sobre a augamar. Este é o seu resultado, que gran traballo!
6 de maio de 2021
5 de maio de 2021
3 de maio de 2021
Videoforum no Mes do Libro
Nestas derradeiras semanas do mes de Abril, estivemos a facer diversos videoforums, tanto en Infantil coma en Primaria. Limos o libro o un anaco del, vimos a película e traballamos e comentamos a obra. Houbo obras literarias para todos os gustos: O gato con botas, James e o melocotón xigante, Astérix e Obélix, Os tres porquiños...
Eiquí unha pequena mostra do que fixeron o noso alumnado:
2 de maio de 2021
Todos contra el acoso escolar!
Hoxe 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o “Bullying” ou Acoso Escolar.
Esta data foi establecida por asociacións de pais e diversas organizacións non gubernamentais para concienciar sobre os riscos do acoso escolar e os métodos para evitar a violencia nos centros escolares, e para establecer un protocolo de actuación ante casos deste tipo. A causa represéntase cun lazo de cor púrpura.
O “bullying” constitúeno calquera forma de maltrato verbal ou físico producido de forma repetida e ao longo dun tempo prolongado.
Acabar co “bullying” é unha tarea que nos compete a todos.
A continuación, deixámosvos un corto que, seguro, vos fará reflexionar sobre este tema.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)