26 de out. de 2022

PRESENTACIÓN DO PDI

 

A ARTE CHEGA O NOSO CENTRO


Por aquí vos deixamos unha serie de exemplares sobre a arte.

Actualmente, Elmer, a mascota da nosa biblioteca, está a ler estos contos para convertirse nun artista por completo.

Nos vindeiros días, haberá máis libros sobre esta temática no centro para que o noso alumnado poida desfrutar deles. 






24 de out. de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


 24 de Outubro, Día das bibliotecas escolares. 


Estamos de celebración ! Sabedes por que? O motivo é ben sinxelo, hoxe é o Día das bibliotecas escolares, polo que dende a nosa biblioteca de centro animámosvos a todos a comezar a visitarnos, xa que dende agora mesmo temos as nosas portas abertas. 


Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia "ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR", quere poñer o foco en todas as formas de escrita, que coida e ofrece a biblioteca escolar.

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR A TOD@S !!






18 de out. de 2022



BENVIDAS E BENVIDOS AO

CURSO 2022/2023


Boas a toda a comunidade educativa do noso centro !!! 


Elmer, a mascota da nosa biblioteca, espera que tod@s comezarades este novo curso con moitas ganas de aprender cousas novas e diferentes.  


Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vaiades imaxinando sobre que imos a traballar este ano na nosa escola, un saúdo !!



25 de maio de 2022

Presentamos TerceirOnda.

 O noso alumnado de 3ºB púxose as pilas para crear TerceirOnda, un programa de radio no cal falan dos seus gustos, recomendacións, novas do cole...

Todos e todas foron partícipes do traballo, deseñando o guíon, gravando as voces ou falando ante o micrófono!

Esperamos que vos guste!



17 de maio de 2022

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Celebramos o Día das Letras Galegas homenaxeando a Florencio Delgado Gurriarán! Nos vindeiros días amosaremos os nosos traballos! 💙💙💙