28 de feb. de 2024

 ENTROIDO OLÍMPICO NO SAN FRANCISCO XABIER



Tíñamos pendente informarvos do que fixemos este ano polo entroido no noso centro. A verdade é que foi un ano atípico, xa que tradicionalmente sempre realizábamos un pequeno desfile polas proximidades da escola, pero este ano non puido ser así debido a que se están a realizar unhas obras. 

Entón, como non queríamos quedarnos sen desfile, organizámolo no patio cuberto, convidando a todas as familias dos nosos educandos para que poidesen desfrutar deste día connosco. 




Como o proxecto de centro deste ano son os Xogos Olímpicos, cada nivel, dende infantil ata primaria elixiu un deporte e caracterizámos en base a este. A distribución foi a seguinte: 

- Educación Infantil: Olímpicos
- 1º de Primaria: Natación
- 2º de Primaria: Tiro con Arco
- 3º de Primaria: Halterofilia
- 4º de Primaria: Ciclismo
- 5º de Primaria: Tenis e Baloncesto
- 6º de Primaria: Atletismo - Fútbol - Cromos Olímpicos

Se queredes pasar un momento divertido, fixádevos nas seguintes imaxes recollidas na web do centro. 

 

 

3 de feb. de 2024


 30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR DE NON VIOLENCIA E DE PAZ



O pasado martes, día 30 conmemoramos o Día da Paz no noso centro elaborando na pista do polideportivo unha mensaxe no chan, onde cada aula creaba co seu corpo unha letra. Neste acto tamén se leu un manifesto por parte do alumnado de 5º A de Educación Primaria e se cantou un rap crreado polos nenos e nenas de 5º B de Primaria. Se o queredes ver e oir, podedes acceder a web do noso colexio. 

A maiores, por aquí, deixámosvos por aquí algunha imaxe da decoración do centro nesos días e da exposición de contos creada e distribuída polas aulas dende o equipo de biblioteca. 























24 de xan. de 2024

 OS TEMPOS DE LECER


A través desta publicación queremos amosarlle a toda a comunidade educativa a gran novidade deste curso no noso centro. Dende a biblioteca escolar decidiuse volver a abrir a mesma durante o tempo de lecer a todos os nenos e nenas do centro, como xa se facía en anos anteriores. 


Isto non se podería levar a cabo sen os nosos extraordinarios voluntarios dos cursos de 5º e de 6º de Educación Primaria, os cales en grupos de aproximadamente 5 membros acuden a biblioteca a ensinarlles o resto do centro diferentes xogos educativos nas tabletas e nos ordenadores, a empregar as mesas de luz,  a realizar lecturas compartidas ou a deixarse levar pola infinidade de xogos lúdicos que temos na biblioteca. (Carrera de letras, Palabreando, Jungle Speed, Times Up...)










18 de xan. de 2024

 ABRINDO OS AGASALLOS


Ao volver das vacacións os nenos e nenas do centro atoparon isto baixo a árbore de Nadal. Había un para todos os cursos tanto de infantil coma de primaria. Sinal de que se portaron moi ben durante o ano. 





Nas seguintes imaxes vese como os máis pequenos abren os diferentes agasallos de Elmer nas súas aulas. 













 CARTAS A ELMER 


O noso alumnado do centro, antes de marchar de vacacións de Nadal, escribíronlle a seguinte carta a Elmer, a mascota da biblioteca. Nela, comentábanlle como foi o seu comportamento durante o ano e solicitábanlle contos para a súa aula. 





Aquí vos deixamos algunha imaxe da entrega das cartas ao carón da nosa árbore de Nadal.