25 de abr. de 2024
Este ano para conmemorar o Día do Libro, despois de darlle moitas voltas decidimos establecer a seguinte iniciativa. Os pais e nais dos nosos alumnos, que sempre están dispostos a colaborar na educación dos mesmos, podíanse animar a acudir o centro e contarnos un conto na aula do seu fillo ou filla. Este exemplar podía ser elexido por eles ou proporcionado pola biblioteca do centro.
A actividade tivo bastante éxito e foi moi ilusionante ver como os pais e nais entraban nas aulas dos seus fillos a fomentar o hábito da lectura dun xeito máis familiar e directo.
A iniciativa realizouse ao longo de toda a semana debido o número de participantes. Aquí vos deixamos algunhas imaxes destes encontros tan máxicos.
Actividades realizadas no noso centro polo Día do Libro
A primeira xurdiu nun dos grupos de 6º e consistía en crear rosas a través da papiloflexia e que cada persoa que pasase por ese corredor poidese coller unha.
A segunda imaxe fai referencia a unha tarefa realizada polo alumnado de infantil onde representaban con moito arte e alegría a portada do conto "Leotolda".
11 de mar. de 2024
LECTURAS COMPARTIDAS
Dende o equipo de biblioteca, organizamos unha actividade similar ao día da Paz. Esta consiste en que os nenos e nenas de 5º e 6º que son voluntarios, foran polas aulas de infantil e de 1º-2º-3º de Educación Primaria a lerlles contos os máis pequenos.
Por suposto, os contos que leron durante a semana pasada, estaban relacionados coa muller traballadora.
Algúns deles eran:
- O libros porcos.
- Yo voy conmigo.
- Yo soy solo mía
- Libros informativos de mulleres artistas.
- Artur e Clementina
- Pioneras
- Once damas atrevidas
- Maruxa
Aos máis pequenos encántalles ver como o alumnado maior acude a súa aula a compartir con eles as súas habilidades lectoras. Aquí vos deixamos algunhas imaxes.
8-M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
No centro, para conmemorar esta data tan sinalada decidimos crear unha escaleira entre todo o alumnado do centro.
Esta escaleira está vinculada co proxecto do centro, os xogos olímpicos debido a que en cada un dos chanzos da mesma aparece unha muller galega que participou recentemente nesta competición.
Deste xeito, queríamos darlle visibilidade a muller no deporte, un ámbito da sociedade no que por sorte e por merecementos propios cada vez está máis presente.
Cada aula elixiu unha muller e preparou unha pequena ficha técnica onde recolleron a información máis importante de cada unha delas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)