Co gallo da conmemoración do Día da Biblioteca Escolar (24 de Outubro), desde a biblioteca do noso centro e no marco das actividades relacionadas coa “Hora de ler”, propoñemos a celebración da “Semana das Familias”, co obxectivo de levar a cabo unha actividade relacionada coa animación á lectura e fomentar a participación activa das familias nas actividades do centro.
ACTIVIDADE: Ler ou relatar ao grupo onde se atope escolarizado seu fillo/a un conto ou texto breve.TEMPORALIZACIÓN: do 20/10/2025 ao 30/10/2025 (segundo se acorde nas titorías)Serán organizadas polo profesorado de cada nivel a través da Plataforma ABALAR.13 de out. de 2025
DÍA DAS ESCRITORAS 2025
Hoxe, 13 de Outubro, conmemórase o Día das Escritoras, co obxectivo de reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Este ano celébrase a X edición, baixo o lema "1975: Escribide, compañeiras!".
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas e animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade.
26 de set. de 2025
EXPOSICIÓN E RECURSOS
Xa temos montada unha pequena exposición sobre o noso PDI, O CINE, no corredor da entrada ao noso centro.
Entre outras cousas, podemos atopar un CINEXIN, diferentes modelos de reprodutores de diapositivas ou un taumatropo.
Alén disto, existen uns recursos sobre a exposición para que o alumnado poida realizar actividades nas aulas ou fabricar as súas propias gafas 3D.
ANIMÁDEVOS A VISITAR A NOSA EXPOSICIÓN!
16 de set. de 2025
BENVIDOS, ÍMOLO PASAR DE CINE
A biblioteca do Ceip San Francisco Xabier e a nosa mascota Elmer, queren darvos a todos a benvida ao novo curso 2025-2026, un curso no que o imos pasar de cine.
O noso PDI (proxecto documental integrado), leva o nome "O cine. Elmer, un actor multicolor".
A través deste proxecto, trataremos de afundirnos no mundo do cine dun xeito interdisciplinar, e sobre todo dun xeito lúdico e integrador.
BENVIDOS, E XA SABEDES, ÍMOLO PASAR DE CINE!
20 de xuño de 2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN
Co remate do curso, deixámosvos unhas recomendacións lectoras para os diferentes niveis.
Desde o equipo de biblioteca, queremos desexarvos unhas boas vacacións, e un verán cheo de aventuras e sonrisas.


