Este curso, o Día da Paz está fundamentalmente baseado na integración, na atención á diversidade e na igualdade. Por iso, grazas ao EACE e o seu coordinador, fixemos un muro con bloques onde veíanse palabras contrarias á integración. Este muro foi derribado polo noso alumnado, como símil da necesidade de derrubar as ideas, pensamentos, fundamentos e crenzas que non favorecen á integración no noso día a día. Foi unha experiencia inesquecible!
31 de xan. de 2020
30 de xan. de 2020
30 de XANEIRO . DÍA DE CASTELAO
Hoxe, 30 de xaneiro é o día adicado a Castelao e data do seu nacemento. Nós, desde o noso cole, queremos facer unha pequena homenaxe a este gran autor, facendo fincapé na súa faceta como ilustrador.
Castelao foi un gran ilustrador cunha numerosa obra con caricaturas, pinturas, debuxos... por iso realizamos un pequeno mural con algunhas das súas ilustracións e unha pequena mostra de distintos tipos de banda deseñada.
Castelao foi un gran ilustrador cunha numerosa obra con caricaturas, pinturas, debuxos... por iso realizamos un pequeno mural con algunhas das súas ilustracións e unha pequena mostra de distintos tipos de banda deseñada.
29 de xan. de 2020
MERCAMOS DE FORMA SAUDABLE
O alumnado de 2º EP visitou o supermercado Eroski. Alí ensináronnos a importancia duns hábitos alimentarios e de vida saudables, levando a cabo un obradoiro práctico. Mirade o vídeo!
26 de xan. de 2020
SÍ, MEU CAPITÁN
O alumnado de 1º visitou o Palacio de Capitanía de A Corula e puideron ver as súas instalacións e coñecer o seu patrimonio artístico. Foi toda unha salida!
22 de xan. de 2020
A VOZ DE GALICIA... UN GRAN XORNAL
Visitamos a Voz de Galicia para saber cómo se facían os xornais desde o comezo ata a súa distribución. Vimos como traballaban os periodistas nos seus computadores, como se imprimían, e incluso onde se gardaba o papel! Foi realmente interesante!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
