26 de abr. de 2023

SEMANA DA PRENSA

 Como cada ano no CEIP San Francisco Xabier elaboramos entre todo o alumnado do centro un xornal con diversas noticias. 


Mediante este código QR podedes visualizalo ! 








Senón, tamén podes facer clic no seguinte enlace:


Día do Libro

 

Co gallo do Día do Libro, esta semana o alumnado de 3º de Primaria compartirá ratios de lectura cos seus titores TEI de 5º. 





29 de mar. de 2023

Contacontos na biblioteca

O pasado día 6 de marzo os alumnos e alumnas de 4º de Educación Infantil e os de 2º de Educación Primaria tiveron a sorte de acudir a biblioteca do noso centro a desfrutar da maxia de Sabela Gago, unha contacontos estupenda que os fixo desfrutar moitísimo. 


 



14 de mar. de 2023

Os pensamentos de Rosalía


No noso centro non se nos esqueceu celebrar o día de Rosalía de Castro. Por iso, simulamos o nacemento dunha planta do pensamento na entrada do noso colexio, xa que era a favorita da autora. 

Cada unha das clases de Infantil e de Primaria realizaron e decoraron cinco pétalos que finalmente deron lugar ao producto final que se ve nas imaxes. 













9 de mar. de 2023

O 8 - M no noso centro

Aquí vos deixamos algunhas imaxes para que saibades como celebraron o 8-M  o alumnado de Educación Infantil e o de Educación Primaria. 


Son uns verdadeiros artistas !!