13 de nov. de 2023


CARTA DE PRESENTACIÓN 


A comezos do mes de novembro, o alumnado de todo o centro recibiu unha carta na súa aula dun destinatario moi familiar, de Elmer. 


Nas liñas desta carta, a mascota da nosa biblioteca presentáballe o proxecto deste ano a todos os nenos e nenas a través dunha pregunta, "Que deportes lle poderíades recomendar a Elmer?"


Con esta pregunta, pretendemos que o alumnado se inicie na temática dos xogos olímpicos partindo de algo cercano a eles como poden ser os deportes, algo do que sen dúbida saben moito. 


Esperemos que máis adiante Elmer nos continúe envíando outras cartas onde nos solicite axuda para máis asuntos. 







24 de out. de 2023


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 


24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares


Coma vimos facendo nos últimos anos, aproveitamos esta data tan sinalada para iniciar un novo curso na biblioteca do noso centro. Volvemos a elexir este día para darvos a todos e a todas a benvida, debido a que hoxe se celebra o Día das Bibliotecas Escolares. 

Tal e como se recolle no portal educativo da consellería, o lema deste ano é "TECENDO COMUNIDADES", centrado no papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes entre os membros da nosa comunidade, sendo estas un lugar idóneo para unir as persoas a través das súas historias, aprendizaxes e coñecementos.




Dito isto, tamén vos queremos informar que dende o día de hoxe temos as nosas portas completamente abertas, polo que vos esperamos con moita ilusión.


FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR A TODOS E A TODAS ! 

23 de xuño de 2023

Recomendacións lectoras para o verán

 MATISSE (¡Mira qué artista!)

(Patricia Geis) (Editorial Combel) (2014)

Nesta obra móstrase como Henri Matisse loitou contra as adversidades ao longo de toda a súa vida, enchendo de luz, enerxía e cor as súas obras. Cando rematedes de ler este conto, convertiredesvos en pequenos artistas e poderedes crear o voso propio "gouache découpée".




La gran Ola

(Véronique Massenot) (Editorial Juventud) (2013)

Mediante este álbum ilustrado, os educandos acercaranse dun xeito especial e divertodo a cultura xaponesa e poderán comprender mellor a súa arte.



“Esto es arte: Las obras que tienes que conocer para descifrar el mundo”

(David Armengol) (PRH Grupo Editorial) (2019)

Pasando as páxinas deste conto descubrirás15 obras de arte que cambiaron o mundo e sabrás por qué seguen sendo famosas a día de hoxe.



EMOCIONARTE

(Martina Fuga) (Duomo Ediciones) (2022)

Neste exemplar artistas como Munch, Van Gogh, Frida Kahlo, Klimt e moitos máis nos contan a súa visión do mundo, do amor, da rabia e dos diversos estados de ánimo que pode atravesar unha persoa.



Historia del arte. Relatos para niños

(Michael Bird) (Blume) (2021)

Esta historia da arte comeza nunha cova, en Alemaña fai 40.000 anos e termina en Beijing, no ano 2012. Grazas a ela, atoparedesvos con artistas en todo tipo de lugares como nas montañas, no deserto, en palacios ou incluso nas rúas.

“Cada cuadro con su cuento: el mundo de la pintura”

(Juan Ramón Brotons) (Anaya) (2013)

A través deste conto podedes realizar un percorrido ao longo de diferentes cadros importantes da historia elaborados por Leonardo da Vinci, Van Gogh, Kandinsky, Dalí ou Picasso.




6 de xuño de 2023

OBRAS DE ARTE VINCULADAS CO NOSO PDI


CADROS REALIZADOS POLO ALUMNADO DO CENTRO 


Mediante estas imaxes mostramos un pouquiño do que saben facer os artistas que temos no noso centro. 








4 de maio de 2023

DÍA DO LIBRO

 Polo Día do Libro, que foi o pasado domingo, 23 de abril todos os alumnos e alumnas do noso centro participaron nunha actividade que nomeamos como "O TENDAL LITERARIO". 

Esta, consistía en que cada educando dos diferentes cursos recomendase un conto a través dun debuxo da súa portada e dun breve resumo. Con esto, pretendíamos que cando algún neno non saiba que ler poida consultar as recomendacións lectoras dos seus compañeiros e compañeiras de colexio para elexir unha obra ou outra.


Aquí vos deixamos algunhas imaxes do noso tendal e dalgúns nenos e nenas que se animaron a consultar as obras dos demais. 

Espero que vos guste esta idea orixinal de conmemorar o Día do Libro.