28 de feb. de 2024

 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 


Como cada 23 de febreiro, día do nacemento desta célebre autora galega, en toda a Comunidade Autónoma se celebra esta data. Na nosa escola, tamén nos unimos a esta iniciativa preparando diversas actividades en colaboración cos nosos compañeiros do Equipo de Normalización da Lingua Galega. 


No centro creouse unha exposición de contos da autora e dispuxémonos a decorar os corredores para a ocasión. 

O alumnado máis pequeno tiña que ler unha obra da autora e plasmar con debuxos as ideas, emocións, detalles e sentimentos que esta lle estaba a trasmitir. En cambio, nos cursos máis altos, debían de elaborar un comentario de texto sobre outra obra de Rosalía ao traballala en profundidade. 


Aquí vos deixamos algunhas imaxes das tarefas realizadas. 











14 DE FEBREIRO, DÍA DE SAN VALENTÍN


Para non perder a costume, este ano volvemos a colocar a nosa caixa xigante da amizade no corredor principal. A intención desta iniciativa é que o alumnado do noso centro deixase mensaxes de amizade aos seus compañeiros e compañeiras agradecéndolles o bo que son con eles, que lles axuden no día a día, que os fagan rir e sobre todo que estén con eles cando máis o precisan. 


A verdade é que este ano tivemos que repartir moitas máis cartas do normal.

 

 ENTROIDO OLÍMPICO NO SAN FRANCISCO XABIER



Tíñamos pendente informarvos do que fixemos este ano polo entroido no noso centro. A verdade é que foi un ano atípico, xa que tradicionalmente sempre realizábamos un pequeno desfile polas proximidades da escola, pero este ano non puido ser así debido a que se están a realizar unhas obras. 

Entón, como non queríamos quedarnos sen desfile, organizámolo no patio cuberto, convidando a todas as familias dos nosos educandos para que poidesen desfrutar deste día connosco. 




Como o proxecto de centro deste ano son os Xogos Olímpicos, cada nivel, dende infantil ata primaria elixiu un deporte e caracterizámos en base a este. A distribución foi a seguinte: 

- Educación Infantil: Olímpicos
- 1º de Primaria: Natación
- 2º de Primaria: Tiro con Arco
- 3º de Primaria: Halterofilia
- 4º de Primaria: Ciclismo
- 5º de Primaria: Tenis e Baloncesto
- 6º de Primaria: Atletismo - Fútbol - Cromos Olímpicos

Se queredes pasar un momento divertido, fixádevos nas seguintes imaxes recollidas na web do centro. 

 

 

3 de feb. de 2024


 30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR DE NON VIOLENCIA E DE PAZ



O pasado martes, día 30 conmemoramos o Día da Paz no noso centro elaborando na pista do polideportivo unha mensaxe no chan, onde cada aula creaba co seu corpo unha letra. Neste acto tamén se leu un manifesto por parte do alumnado de 5º A de Educación Primaria e se cantou un rap crreado polos nenos e nenas de 5º B de Primaria. Se o queredes ver e oir, podedes acceder a web do noso colexio. 

A maiores, por aquí, deixámosvos por aquí algunha imaxe da decoración do centro nesos días e da exposición de contos creada e distribuída polas aulas dende o equipo de biblioteca. 























24 de xan. de 2024

 OS TEMPOS DE LECER


A través desta publicación queremos amosarlle a toda a comunidade educativa a gran novidade deste curso no noso centro. Dende a biblioteca escolar decidiuse volver a abrir a mesma durante o tempo de lecer a todos os nenos e nenas do centro, como xa se facía en anos anteriores. 


Isto non se podería levar a cabo sen os nosos extraordinarios voluntarios dos cursos de 5º e de 6º de Educación Primaria, os cales en grupos de aproximadamente 5 membros acuden a biblioteca a ensinarlles o resto do centro diferentes xogos educativos nas tabletas e nos ordenadores, a empregar as mesas de luz,  a realizar lecturas compartidas ou a deixarse levar pola infinidade de xogos lúdicos que temos na biblioteca. (Carrera de letras, Palabreando, Jungle Speed, Times Up...)