11 de mar. de 2024

 LECTURAS COMPARTIDAS


Dende o equipo de biblioteca, organizamos unha actividade similar ao día da Paz. Esta consiste en que os nenos e nenas de 5º e 6º  que son voluntarios, foran polas aulas de infantil e de 1º-2º-3º de Educación Primaria a lerlles contos os máis pequenos. 


Por suposto, os contos que leron durante a semana pasada, estaban relacionados coa muller traballadora. 

Algúns deles eran: 

- O libros porcos. 

- Yo voy conmigo.

- Yo soy solo mía

- Libros informativos de mulleres artistas.

- Artur e Clementina

- Pioneras

- Once damas atrevidas

- Maruxa


Aos máis pequenos encántalles ver como o alumnado maior acude a súa aula a compartir con eles as súas habilidades lectoras. Aquí vos deixamos algunhas imaxes. 












 Outras pequenas actividades realizadas polo 8 de Marzo











 8-M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


No centro, para conmemorar esta data tan sinalada decidimos crear unha escaleira entre todo o alumnado do centro. 

Esta escaleira está vinculada co proxecto do centro, os xogos olímpicos debido a que en cada un dos chanzos da mesma aparece unha muller galega que participou recentemente nesta competición. 

Deste xeito, queríamos darlle visibilidade a muller no deporte, un ámbito da sociedade no que por sorte e por merecementos propios cada vez está máis presente. 

Cada aula elixiu unha muller e preparou unha pequena ficha técnica onde recolleron a información máis importante de cada unha delas. 









28 de feb. de 2024

 
VISITA DA TÍA PAPUCHA




Onte tivemos moita sorte, concretamente todos os nenos e nenas de 2º e de 3º de Educación Primaria.

Sabedes por que? Porque acudiron o centro a escritora (Reyes Pérez) e a ilustradora (Sonia Ramallo) que crearon as aventuras da Tía Papucha. 

Estes educandos ao longo do mes de febreiro leron o conto nas súas aulas e unha vez que o remataron, tiveron o pracer de coñecelas. O encontro foi estupendo, cheo de risas e cunha interacción constante entre os pequenos e as invitadas. Estamos seguros de que van a querer seguir lendo a colección.












 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 


Como cada 23 de febreiro, día do nacemento desta célebre autora galega, en toda a Comunidade Autónoma se celebra esta data. Na nosa escola, tamén nos unimos a esta iniciativa preparando diversas actividades en colaboración cos nosos compañeiros do Equipo de Normalización da Lingua Galega. 


No centro creouse unha exposición de contos da autora e dispuxémonos a decorar os corredores para a ocasión. 

O alumnado máis pequeno tiña que ler unha obra da autora e plasmar con debuxos as ideas, emocións, detalles e sentimentos que esta lle estaba a trasmitir. En cambio, nos cursos máis altos, debían de elaborar un comentario de texto sobre outra obra de Rosalía ao traballala en profundidade. 


Aquí vos deixamos algunhas imaxes das tarefas realizadas.