27 de set. de 2019

BENVIDAS E BENVIDOS A NOSA BIBLIOTECA!!

Somos a Biblioteca do CEIP San Francisco Xabier, un centro escolar da cidade de A Coruña.
Este curso escolar fixemos uns pequenos cambios na nosa pequena biblioteca, pretendendo crear un espazo mais acolledor, dinámico e innovador dentro do centro, aínda que  quédanos moito por andar.  
A nosa mascota, Elmer, ese elefante multicor que visita a nosa biblioteca, é a personaxe  dinamizadora de todas as aventuras nas que nos embarca.
Agora imos presentar a nosa biblioteca e os seus espazos.

Zona: Libros de consulta.
Estes libros de consulta están catalogados seguindo a CDU. A cada libro colócaselle súa etiqueta coa súa numeración da CDU. Neste espazo atopamos  unha sección para adultos, onde están os fondos de carácter divulgativo que serven de axuda principalmente ao profesorado e as familias;e recursos para a atención á diversidade, onde teñen cabida aquelas publicacións para o alumnado que demanda unha atención máis individualizada.

Zona: Libros de literatura. 
Dentro da zona de libros de literatura tamén podemos distinguir dous espazos ben diferenciados:
-  Un espazo para os máis pequenos/as onde se atopan os libros para o alumnado de Educación Infantil. Neste espazo os andeis e mobiliario é máis baixo, axeitado aos nenas e nenos destas idades.
- No resto do espazo, hai libros de literatura infantil para os alumnos/as dos diferentes niveis de Educación Primaria. Cada un dos andeis onde se atopan os libros de literatura infantil, levan un distintivo (editorial) cunha cor diferente (segundo o nivel lector) para facilitar á hora de escoller os libros e a súa posterior colocación dos libros seguindo a nosa adaptación da CDU.

Zona: Banda deseñada.

Zona: Producións propias.
Recuncho onde se recollen as producións mais significativas que o alumnado elabora desde as distintas áreas curriculares.

Zona: Kiosko de Elmer.
Con publicacións periódicas coma revistas e xornais axeitados ás distintas idades do alumnado.

Zona: Audiovisual.
Espazo con material en soporte dixital (DVD e CD) principalmente. 

Zona:  Xestión e Información.
Destinada as tarefas de xestión, préstamos e información xeral. Desde aquí, complétase de xeito informático o catálogo da biblioteca a través do traballo co Programa Meiga e realízase o procedemento de empréstitos e devolucións de libros ao alumnado e ao profesorado. A organización de material é labor do equipo de apoio á biblioteca.

Zona: Multimedia.
Con equipos informáticos con aceso a Internet e distintos programas para creación de presentacións, procesadores de texto... Nesa zona pódese levar a cabo búsqueda e consulta do catálogo en liña.

Zona de traballo e estudo.
Espazo onde se pode desenvolver traballos de clase en grupo e gran grupo así como tarefas individuais.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario