Este curso decidimos disfrazarnos de personaxes de libros e contos. Por iso, cada nivel escolleu un. Traballamos o noso libro nas aulas para saber todo sobre a historia.
Para que todo o mundo soubera de que íamos fixemos unhas pancartas co título. Pero este título é moi especial porque ía acompañado de pictos. Así, todos saberían en que libro nos baseáramos para facer os nosos disfraces!. Ademais, para acompañar un pouco mais a nosa tolería polos libros e contos fixemos uns murais que nos quedaron moi chulos. Clicade nos vídeos para velo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario