Hoxe, ao igual que este mes no que celebramos a Ciencia en galego, a Ciencia cobra especial importancia. Un dos aspectos máis importantes é que as persoas teñan os coñecementos suficientes para poder acercarse o mundo científico e da investigación. Os avances científcos son imprescindibles para que o mundo, no que vivimos, sexa máis sostible.
Deste modo, para celebrar este día a UNESCO organiza actos que promoven un acercamento da ciencia á sociedade, e Elmer non quería deixar escapar esta ocasión. Por iso, Elmer e o Equipo de Biblioteca quérevos propoñer o seguinte:
Ser científicas e científicos! Poñámonos unha bata de laboratorio e...Mans á obra!
Pode ser tanto na clase como na casa. Escolle un dos experimentos dos que che propón o teu profe e ponte a facelo! Envíanos as túas fotos ou o teu vídeo de científica ou científico!
Para iso, podes empregar os seguintes libros colgados na rede:
Enviade as vosas fotos e/ou vídeos ao noso correo: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario