Ola! ¡Hola! Kaixo! Hello! Olá! Sawubona, Привет, Aloha…
e así poderíamos seguir saudando nas máis de 6.000 linguas maternas coas que actualmente nos comunicamos no mundo. E como celebración desta diversidade cultural, dende o 2002 a UNESCO celebra cada 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna.
As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais de xeito sostible. Pero ollo, unha lingua é algo que hai que coidar! Sabías que o 43% das 6.000 linguas actuais están en perigo de extinción? De feito, cada dúas semanas unha lingua desaparece e, con ela, todo un patrimonio cultural e intelectual!
Por iso, é moi importante que nós coidemos a nosa lingua materna, o galego. E quen mellor que para representala que Rosalía de Castro? Rosalía é unha das mulleres galegas que deixaron pegada na nosa historia, na nosa lingua, na nosa cultura e en todos nós. O día 24 é o seu día así que estade preparadas e preparados!
Ningún comentario:
Publicar un comentario