20 de nov. de 2021

20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

 

Nacións Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959. Esta declaración non era suficiente para protexer os dereitos da infancia, e , tras dez anos de negociacións con gobernos de todo o mundo, líderes relixiosos, ONG, e outras institucións, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno o 20 de novembro de 1989, cuxo cumprimento é obrigatorio para todos os países que o asinaron, converténdose no tratado internacional máis ratificado da historia.

Os Dereitos do Neno son unha ferramenta para a promoción e protección do benestar da infancia. Algúns dos dereitos máis importantes son:

  1. Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.

  2. Dereito a unha protección especial para que poidan crecer física, mental e socialmente sans e libres.

  3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.

  4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas.

  5. Dereito a educación e atencións especiais para os nenos con discapacidade mental ou física.

  6. Dereito a comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.

  7. Dereito a unha educación gratuíta. Dereito a divertirse e xogar.

  8. Dereito a atención e axuda preferentes en caso de perigo.

  9. Dereito a ser protexido contra o abandono e a explotación no traballo.

  10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.

Dedicar un día internacional á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor.

Se queres saber máis sobre a historia da declaración dos dereitos da infancia podes ver este vídeo. 🡪 https://www.youtube.com/watch?v=rApULMPWQIU 

Tamén podes poñer música a este gran día con estas cancións:

Pon a proba o que sabes sobre os dereitos da infancia con estas actividades online:


https://es.liveworksheets.com/ic1023595og

https://es.liveworksheets.com/ov1455164rq

https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Ciencias_Sociales/Derechos_de_los_ni%C3%B1os/Derechos_de_los_ni%C3%B1os_ub1408246hg

https://es.liveworksheets.com/hc1329235qo


E tamén te podes divertir con estas actividades:

  • Comecocos dos dereitos da infancia (sacado de actiludis.com)

https://www.actiludis.com/2014/11/10/comecocos-con-los-derechos-del-nino/

https://drive.google.com/file/d/1XYLKL88_E8PkM299P4IzRPoEjmkNj-dk/view


  • Debuxos para colorear os nosos dereitos (procedentes do blog dibujalalia.com)

https://blog.dibujalia.com/2020/fichas-dia-infancia-derechos/


  • Actividades varias para imprimir (extraído da páxina orientaciónandujar.es).


https://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2020/11/LOS-DERECHOS-DEL-NINO.pdf


E se o que queres son recomendacións de libros sobre este tema non perdas ollo ás recomendacións que nos fai a biblioteca do Ceip Valle-Inclán do Grove no seu taboleiro de pinterest

https://www.pinterest.es/valleincln/dereitos-20n-10d/


FELIZ DÍA DA INFANCIA!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario