A pasada semana celebramos por todo o alto o entroido no noso centro. Na entrada, colocamos nunha estantería algúns exemplares bibliográficos sobre esta temática para que os mestres os poidesen coller prestados para traballar con eles nas súas aulas.
A maiores, o meco, cos seus mandadiños foinos recomendando como vir vestidos tanto o martes, o mércores coma o xoves, tal e como se aprecia nesta imaxe.
Xa por último, pero non menos importante, o venres fixemos o noso tradicional pasarúas pola contorna do colexio. Como non podía ser doutro xeito, xa que o noso proxecto deste ano é sobre a arte, os nenos e nenas disfrazaronse ben de pintores, de cadros de artistas relevantes como Piet Mondrian, Joan Miró ou Frida Kahlo, directores de cine e de artistas do mundo da música entre outros.
Durante o desfile, tivemos a sorte de contar coa colaboración dos pais, nais e coñecidos dos nosos alumnos e alumnas, debido a que interactuaban con nós por medio do seguinte cántico:
- Vaia disfraces tan chulos ! ( Cantan os nenos e as nenas).
- As familias veñen ver . ( Cantan as familias).
- Son do cole San Francisco . ( Cantan os nenos e as nenas).
- Do San Francisco Xabier. ( Cantan as familias).
Adxuntamos a canción con pictogramas elaborada por unha profesora membra do DO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario