1 de dec. de 2023

 25 de NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



A Asamblea Xeral da ONU declarou a data do 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller mediante unha resolución aprobada o  17 de decembro   de 1999. 

As Nacións unidas definen a violencia contra a muller como “todo acto de violencia de xénero que resulte, ou poda ter como resultado un dano físico, sexual e psicolóxico para a muller, inclusive as amenazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se produce na vida pública como na privada”


Elexíuse a data do 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmáns Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 en mans da policía secreta do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana.

As hermanas Mirabal son coñecidas como “As mariposas”. Incluso, hai unha representativa como vos deixamos a continuación. 


                                        LAS TRES MARIPOSAS  de Noelia Rodríguez



No centro, a coordinadora de benestar e convivencia, integrante tamén do equipo de biblioteca, elaborou unha presentación con diferentes contos para difundir polas aulas. Algún do material recollido foi este: 











Todo o alumnado do centro colaborou na elaboración dun mural que simulaban as ás dunha muller, onde cada unha das plumas contiña unha mensaxe positiva e necesaria para todas as mulleres do mundo. Este mural estaba situado na entrada do centro. Aquí vos deixamos algunha imaxe do mesmo. 










Para finalizar dito día, todos os membros da nosa comunidade educativa baixamos ao patio e presenciamos un acto emotivo, onde as clases de 6º de Educación Primaria leron tres manifestos e cantamos todos xuntos a canción "Chea de Vida" de Gaudi Galego.

 https://www.youtube.com/watch?v=ISBQSlAa2cY





Ningún comentario:

Publicar un comentario