25 de abr. de 2024

 RETOS SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS


Como moi ben sabe toda a comunidade educativa no noso centro, o tema do proxecto neste curso son as olimpiadas. Para iso, decidimos crear un concurso onde pode participar todo o centro a través dunhas preguntas. 


A dinámica é seguinte, cada aula debe de plantexar tres preguntas sobre os Xogos Olímpicos que sexan do seu interese. Unha vez as teñan, responderanas entre todos despois de investigar colaborativamente. 


Se algún curso se interesa polas preguntas doutra aula, que en realidade é o que buscamos, tamén as poden responder. O importante é que cada día saiban un pouco máis sobre dita temática. 


Estas son as preguntas plantexadas polos nosos alumnos e alumnas. 










Unha vez teñan elaborada a resposta, deberán compartila co equipo da biblioteca cubrindo a seguinte plantilla. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario