24 de abr. de 2025

DÍA DO LIBRO



O día 23 de Abril, conmemoramos no noso cole o Día do Libro. 

Fixemos unha hora de ler compartida, con apadriñamentos lectores, no que o alumnado dos cursos máis altos tivo a oportunidade de lerlles un conto ao alumnado de menor idade. Como agasallo, regaláronlle uns marcapáxinas aos seus padriños e madriñas.


Por outra banda, o alumnado de 1º A, representou a obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" para todo o alumnado do centro.



GRACIÑAS A TODOS/AS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E FELIZ DÍA DO LIBRO!!

10 de abr. de 2025

CONTACONTOS RUSO

O día 3 de Marzo, recibimos na clase de 4ºB de Educación Infantil a visita de Yuliya, nai de Sasha. Veu a contarnos un conto que se titulaba "O veterinario axuda a todos os animais".

Yuliya é dun país moi grande, que está moi lonxe, e se chama Rusia. Contou o conto no seu idioma, o ruso. Menos mal que Sasha nos facía de traductor!.

Foi unha experiencia marabillosa!

Moitas grazas Yuliya e Sasha!




A VOZ DE ELMER


7 de abr. de 2025

PAPÁ CANÍBAL

Hoxe visitou o noso centro o escritor Antonio Fraga, autor do libro "Papá Caníbal", que está a ler o alumnado de 4º. 

Moitas grazas pola túa visita!!




1 de abr. de 2025

DÍA DO LIBRO INFANTIL 2025

 

O día 2 de abril, conmemoramos o día do libro Infantil e Xuvenil, co obxectivo de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Celebrámolo nesta data, posto que é a do nacemento de Hans Christian Andersen, gran escritor danés de contos infantís.