24 de abr. de 2025

DÍA DO LIBRO



O día 23 de Abril, conmemoramos no noso cole o Día do Libro. 

Fixemos unha hora de ler compartida, con apadriñamentos lectores, no que o alumnado dos cursos máis altos tivo a oportunidade de lerlles un conto ao alumnado de menor idade. Como agasallo, regaláronlle uns marcapáxinas aos seus padriños e madriñas.


Por outra banda, o alumnado de 1º A, representou a obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" para todo o alumnado do centro.



GRACIÑAS A TODOS/AS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario