14 de xuño de 2021

Lingua de signos

A lingua de signos é a lingua natural das persoas xordas. É unha lingua de carácter visual, xestual e espacial cuha gramática propia que reúne todas as características e cumpre as mismas funcións que calquera outra lingua.

Non existe unha única lingua de signos a nivel universal; igual que sucede cas linguas orais, cada país ten unha ou varias linguas de signos que van evolucionando nas súas comunidades lingüísticas. En España existe a lingua de signos española e a lingua de signos catalana.

O día 14 de xuño celébrase o Dia Nacional das Linguas de Signos Españolas. Esta conmemoración ten por obxectivo compartir e promover a difusión das linguas de signos e tamén impulsar medidas para normalizar o seu uso máis alá dos ámbitos domésticos, educativos e sociosanitarios. Este día é unha ocasión para recordar o papel fundamental que xogan para a transmisión de ideas, a relación persoal e social e o intercambio de coñecemento.


Para conmemorar esta data a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) convocu a IV edición do concurso escolar de cancións en lingua de signos española “Cantamos con las manos”. As cancións finalistas son as seguintes:










Ningún comentario:

Publicar un comentario