19 de xuño de 2020

VISITA VIRTUAL AO CM CONCEPCIÓN ARENAL

Este mércores, os voluntarios e voluntarias da biblioteca fixeron unha visita virtual ao Centro de Maiores Concepción Arenal. Falaron con varios residentes do confinamento, do que fixeran durante todo ese tempo, do colexio agora e antes, do que sentiron estando aillados... En fin, dun montón de cousas! A experiencia foi moi, moi enriquecedora e interesante!

Pero, antes de nada, queremos facer público o noso agradecemento ao Dpto. de Orientación, especialmente a Silvia, Victoria e Ángel, pois sen eles sería imposible levar a cabo esta actividade. Asimesmo, non queremos esquecernos dos titores de 5º, que sen eles non poderiamos nin comezar.  GRAZAS!

E agora sí. Poñemos aquí un pequeno collage da visita, xa que por respecto aos dereitos de imaxe dos residentes non podemos facer público o vídeo.



Estes son os documentos que preparamos para traballar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario