5 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Elmer está moi ledo porque hoxe celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. A pena é que soamente dure un día, porque deberíamos ser conscientes do dano que lle estamos a facer ao medioambiente. Por iso, Elmer pregúntase a miúdo: Se os homes e as mulleres somos as criaturas máis intelixentes que pisaron a terra, como é posible que esteamos destruíndo este planeta?
Vexamos este vídeo que fala de xuventude, de esperanza, de soños,...de facer algo para salvar o planeta Terra:



Agora un conto: El don del mar de Kate Banks. 



E para rematar e ver o valor que ten o noso planeta e que debemos coidalo, mirade con atención estas fotos tan espectaculares:

Ningún comentario:

Publicar un comentario