25 de abr. de 2020

UNHA PROPOSTA NESTA CELEBRACIÓN...

Mañá é un día moi especial para os nenos e nenas e Elmer sábeo. 
Mañá, domingo, é o primeiro día que podemos saír a rúa despois de 43 días de confinamento na casa. Foi un gran experimento e saímos victoriosos e victoriosas porque fixémolo moi ben!! Por iso, Elmer propónvos sacar unha foto o un pequeno vídeo de curta duración para ver como vos sentides e que facedes cando saiades a rúa despois de tanto tempo. 
Cando teñades a vosa imaxe ou gravación enviádela ao correo da biblioteca:
bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

Prazo de entrega ata o 3 de maio

Ningún comentario:

Publicar un comentario