12 de abr. de 2020

E AGORA... UNHA DE MANUALIDADES


Xa coñecedes que Elmer, a nosa mascota, ten publicados unha morea de contos: Elmer e Wilbur, Elmer e o arco da vella, Elmer sae de paseo, Elmer e o avó Eldo... Pero o que seguro que non sabedes é que ao noso elefantiño encántalle facer unha manualidades cada vez que le un libro. Estas son algunhas das que fixo Elmer:

Proyecto: La Pequeña Oruga Glotona. – El Alma de mi Aula


Cuento y Manualidad – Talleres varios. (Con Claudia y Raúl ...
   

Esta semana, Elmer propóñevos que fagades o mesmo ca él: Escollede un libro (pode ser de calquer tipo: banda deseñada, poesía, manga, conto infantil...). Ese libro debe ser un que teñades na casa, un dos que están para descargar ou ler online, un audioconto do blog ...e que fagades unha manualidade sobre el. Despois sacádeslle unha foto como as de Elmer e enviádela ao correo da biblio: bibliotecaceipsanfrancisco@gmail.com

IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE AO PODER!!!

Data límite de envío: 18 de abril incluído.

Ningún comentario:

Publicar un comentario