Desde a web de Arenaria, propóñennos un lote de actividades de ciencia, no seu apartado de quedanacasa. Por se queres facer unha pequena visita clica na imaxe.
Elmer recoméndache as seguintes para todas as idades:
Maxia no chocolate!, para que ninguén se dea conta que alguén comeu parte do chocolate!
Quen son? Son un ser vivo das costas españolas...
Varias pistas: no vídeo, non estou vivo; non son un animal; son moi abundante nas costas mediterráneas e son unha especie ameazada. SOLUCIÓN
Científicos agochados: podes atopalos? SOLUCIÓN
Un ceo cheo de enigmas: un vídeo cheo de preguntas sobre as auroras boreais. SOLUCIÓN
E, ademais, propónche a que te preguntes todas estas cousas:
Existe o sangue azul?
Ningún comentario:
Publicar un comentario