15 de maio de 2020

DÍAS DAS LETRAS GALEGAS- EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Ola familias!!
Moitas grazas polos traballos que estades a enviar!!
Como xa sabedes, o día 17, domingo, homenaxéase a Ricardo Carvalho Calero.
Mandámosvos tres enlaces; nun podedes ver a colección de caricaturas de Carvalho Calero debuxada por Siro; noutro podedes ler o conto "As pitas baixo a choiva" e escoitar pezas musicais dese conto; no último podedes acceder a unha serie de actividades sobre Carvalho Calero, no  Seminario Galán, estas actividades están presentadas por curso, hainas para imprimir ou para facer en liña.

Estes son os enlaces:
- a colección de 24 caricaturas de Carvalho Calero debuxadas por Siro para representar o escritor ferrolán en distintas épocas da súa vida, dende a mocidade ata a vellez. Tédelas en:


- o proxecto "As pitas baixo a choiva" da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que inclúe o relato orixinal en formato conto cedido pola Editorial Embora, pezas musicais e mais a unidade didáctica. Tedes todo en:


- o libro lim do Seminario Galán, unha compilación de todas as actividades de educación infantil e primaria, carteis. Están en: 


Esperamos que todos sigades ben, e desexámosvos un bo día das Letras Galegas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario