29 de mar. de 2023

Contacontos na biblioteca

O pasado día 6 de marzo os alumnos e alumnas de 4º de Educación Infantil e os de 2º de Educación Primaria tiveron a sorte de acudir a biblioteca do noso centro a desfrutar da maxia de Sabela Gago, unha contacontos estupenda que os fixo desfrutar moitísimo. 


 



14 de mar. de 2023

Os pensamentos de Rosalía


No noso centro non se nos esqueceu celebrar o día de Rosalía de Castro. Por iso, simulamos o nacemento dunha planta do pensamento na entrada do noso colexio, xa que era a favorita da autora. 

Cada unha das clases de Infantil e de Primaria realizaron e decoraron cinco pétalos que finalmente deron lugar ao producto final que se ve nas imaxes. 













9 de mar. de 2023

O 8 - M no noso centro

Aquí vos deixamos algunhas imaxes para que saibades como celebraron o 8-M  o alumnado de Educación Infantil e o de Educación Primaria. 


Son uns verdadeiros artistas !! 











8 de mar. de 2023

8 DE MARZO

O 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, un día dedicado a loita pola igualdade, a participación e o empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade. 

O movemento do 8M faise cada ano máis forte e poderoso, como cada unha das mulleres que forman parte del e o compoñen. Diversos grupos, asociacións, fundacións, ONGs e mulleres seguen loitando de maneira permanente para acabar cos abusos, asasinatos, casos de violencia de xénero, fenda salarial e desigualdades en todas e cada unha das súas formas.  






 Nestes enlaces podedes saber máis sobre este día: 


- Orixen e significado  ( https://youtu.be/whhmA2IuzCE ) 

 

- Explicación mediante pictogramas ( https://youtu.be/H5A0tp7ZMXU )

 

 - Mulleres que cambiaron a historia. ( https://youtu.be/bY1MVb0GYJo )


  

 A continuación mostranse unha serie de contos vinculados con esta temática: 

 

- ROSA CARAMELO  https://youtu.be/IXKloVaGbhg

 

- DANIELA  PIRATA  https://youtu.be/q0MOCrpid8A

 

- MAMÁ ROBOT   https://youtu.be/Jah9I_kQB8k

 

- UNA FELIZ CATÁSTROFE https://youtu.be/phKnXI01Dz0

 

- EL LIBRO DE LOS CERDOS https://youtu.be/BGWjcJXlXDk

 

 - CUANDO LAS NIÑAS VUELAN ALTO  https://youtu.be/uOzu7dGukWo

 

- ¿HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA? https://youtu.be/H63MTzRiAsM

 

- LAS NIÑAS SERÁN LO QUE QUIERAN SER https://youtu.be/qBRK9L62YIk

 

- ÉRASE UNA VEZ UNA PRINCESA QUE SE SALVÓ SOLA https://youtu.be/qY6XEtAt3GU






A maiores, colocamos na entrada no colexio diversos contos para que os nenos e nenas e os mestres e mestras traballen con eles na aula. Esperamos que sexan do voso agrado ! 

23 de feb. de 2023

O entroido no San Francisco Xabier

 A pasada semana celebramos por todo o alto o entroido no noso centro. Na entrada, colocamos nunha estantería algúns exemplares bibliográficos sobre esta temática para que os mestres os poidesen coller prestados para traballar con eles nas súas aulas. 



A maiores, o meco, cos seus mandadiños foinos recomendando como vir vestidos tanto o martes, o mércores coma o xoves, tal e como se aprecia nesta imaxe. 


Xa por último, pero non menos importante, o venres fixemos o noso tradicional pasarúas pola contorna do colexio. Como non podía ser doutro xeito, xa que o noso proxecto deste ano é sobre a arte, os nenos e nenas disfrazaronse ben de pintores, de cadros de artistas relevantes como Piet Mondrian, Joan Miró ou Frida Kahlo, directores de cine e de artistas do mundo da música entre outros.


Durante o desfile, tivemos a sorte de contar coa colaboración dos pais, nais e coñecidos dos nosos alumnos e alumnas, debido a que interactuaban con nós por medio do seguinte cántico:

- Vaia disfraces tan chulos ! ( Cantan os nenos e as nenas). 

- As familias veñen ver . ( Cantan as familias). 

- Son do cole San Francisco . ( Cantan os nenos e as nenas). 

- Do San Francisco Xabier. ( Cantan as familias). 


Adxuntamos a canción con pictogramas elaborada por unha profesora membra do DO.