20 de dec. de 2023
9 de dec. de 2023
1 de dec. de 2023
25 de NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A Asamblea Xeral da ONU declarou a data do 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller mediante unha resolución aprobada o 17 de decembro de 1999.
As Nacións unidas definen a violencia contra a muller como “todo acto de violencia de xénero que resulte, ou poda ter como resultado un dano físico, sexual e psicolóxico para a muller, inclusive as amenazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se produce na vida pública como na privada”
Elexíuse a data do 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmáns Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 en mans da policía secreta do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana.
As hermanas Mirabal son coñecidas como “As mariposas”. Incluso, hai unha representativa como vos deixamos a continuación.
LAS TRES MARIPOSAS de Noelia Rodríguez
No centro, a coordinadora de benestar e convivencia, integrante tamén do equipo de biblioteca, elaborou unha presentación con diferentes contos para difundir polas aulas. Algún do material recollido foi este:
13 de nov. de 2023
CARTA DE PRESENTACIÓN
A comezos do mes de novembro, o alumnado de todo o centro recibiu unha carta na súa aula dun destinatario moi familiar, de Elmer.
Nas liñas desta carta, a mascota da nosa biblioteca presentáballe o proxecto deste ano a todos os nenos e nenas a través dunha pregunta, "Que deportes lle poderíades recomendar a Elmer?"
Con esta pregunta, pretendemos que o alumnado se inicie na temática dos xogos olímpicos partindo de algo cercano a eles como poden ser os deportes, algo do que sen dúbida saben moito.
Esperemos que máis adiante Elmer nos continúe envíando outras cartas onde nos solicite axuda para máis asuntos.
24 de out. de 2023
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares
Coma vimos facendo nos últimos anos, aproveitamos esta data tan sinalada para iniciar un novo curso na biblioteca do noso centro. Volvemos a elexir este día para darvos a todos e a todas a benvida, debido a que hoxe se celebra o Día das Bibliotecas Escolares.
Tal e como se recolle no portal educativo da consellería, o lema deste ano é "TECENDO COMUNIDADES", centrado no papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes entre os membros da nosa comunidade, sendo estas un lugar idóneo para unir as persoas a través das súas historias, aprendizaxes e coñecementos.
Dito isto, tamén vos queremos informar que dende o día de hoxe temos as nosas portas completamente abertas, polo que vos esperamos con moita ilusión.
FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR A TODOS E A TODAS !
