5 de out. de 2020

Primeiro luns de Outubro

O primeiro luns de outubro é o  Día Mundial del Hábitat, que ten un obxectivo  moi destacado: garantizar que o desenvolvemento das ciudades se fixera de forma sostible e que garantizara a todos os cidadáns e cidadanas a ter unha vivenda digna.

Aproximadamente o 25% da poboación urbana do planeta vive en asentamentos informais e segundo a ONU, "un número crecente de habitantes da cidade, especialmente os grupos pobres e vulnerables viven en condicións precarias, sen acceso a servizos básicos (...) ". Se a xente non ten unha vivenda digna, é moi difícil acceder a algúns dos outros dereitos incluídos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos como a educación, o acceso á auga, o saneamento e a saúde.

A vivenda é, por tanto, un dereito humano fundamental. Tamén foi e é fundamental na nosa batalla contra a propagación do virus COVID-19, pois sen unha vivenda axeitada, é imposible levar a cabo o distanciamento social e as boas prácticas de hixiene.


Elmer preséntavos este conto "Cuando perdemos el miedo" que narra a experiencia de Lúa, unha nena de 7 anos sobre o desahucio.  






Ningún comentario:

Publicar un comentario