4 de out. de 2020

Elmer celebra o Día Internacional dos Animais!

 Elmer está hoxe de celebración pois é o Día Internacional dos Animais!

Elmer quere lembrarvos a importancia da conservación das especies animais no noso planeta. Así como, que teñades en conta que os animais, igual que as persoas teñen uns dereitos recoñecidos.

Por iso é importante visibilizar a situación de moitos deles posto que están, ás veces, en posicións moi desfavorecidas. As nenas e nenos, como adultas e adultos no futuro, tedes moito traballo por facer: acabar coa explotación animal, a caza furtiva, co tráfico ilegal...  



Desta forma, Elmer quérevos propoñer unha actividade: que fagades uns carteis, tamaño DIN-A4, onde pidades axuda ou colaboración para mellorar as condicións dos animas mariños. Podedes facelo sobre o que queirades, empregando os materiais que consideredes precisos... Así que MANS Á OBRA! Data límite de entrega: 25 de Outubro.


Ningún comentario:

Publicar un comentario