4 de dec. de 2020

Día da nosa Constitución

O vindeiro día 6 celebraremos o Día da Constitución. Como é domingo e ademáis é festivo, non hai cole pero aínda así Elmer non quería deixar de conmemoralo, posto que na nosa Constitución están os nosos dereitos e deberes como cidadás e cidadáns como o dereito á Educación ou que podemos opinar e ter as nosas propias ideas.

Neste enlace poderedes ver a Constitución con debuxos:


Podedes animarvos a facer o voso debuxo do artigo da Constitución que queirades e deixalo na biblioteca ou subilo a Instagram etiquetando a @elmercubela.


Ademais podedes facer unha versión curta da Constitución en formato libro. Engadimos unha folla coas instruccións do como facer o libro máis un vídeo.

MINI- LIBRO DA CONSTITUCIÓN

INSTRUCCIÓNS:





Animádevos a facelo e coñecer de maneira lúdica os dereitos fundamentais que aparecen na Constitución e sobre todo lembrade o artigo 27! A ver si adiviñades cal é!


E agora un contiño para ler, escribir e pintar!


Ningún comentario:

Publicar un comentario